A canción de Francia parécese á das Tanxugueiras tanto coma a de Chanel á da Romanía. Esa comparación que tanto se le non ten fundamento ningún. Que se hackearon non sei que, que se son nazis, que se os votaron pola guerra, que se o inglés non sei que, que se mira onde quedaron os franceses, que se os votos irían a España, que se os votos de varios países non son os reais, que se que se. A ver se aceptan que perderon. Ucraína levou unha canción mellor. Que falen de tongo os que defenderon un tongazo que custou uns bos cartos e que puxo aí á que lles gustaba e/ou interesaba, inventando, insultando e branqueando, é de coña. O tongo é que quedaran por enriba de Suecia. Iso si que é un tongo
Que reventadas as Tanxugueiras, que estaban a dar un concerto e non escribiron un chío despois de facer un vídeo, enviarlles unha mensaxe privada e poñer un chío á mañá seguinte. Mira como Ana Mena parou o concerto para felicitala! E elas nada. E aínda por enriba responden ás preguntas que lles fan nunha entrevista e sacan unha canción o día antes. Ben merecido que dende onte as estean poñendo podrísimas os defensores da saúde mental e as contas de fachitas (bueno, estes, agora, despois do #VoxIsNotSpain, non sei eu que pensan...), periodistas incluídos. Igual os reventados son os que viron que a xente non tragaba co tongo.
Agora os mesmos programas que branqueaban o Tongofest e dicindo que as "denuncias" eran unha parvada e que "os políticos meténdose en todo", agora preguntan por se se pode denunciar, falando de descalificacións, etc. Ai ai ai...
Vós falando da Eurovisión e a gasolina polas nubes!! Pero isto que é!!??