Into the night- Tempada 2: Non ten a velocidade da primeira tempada, que era o que a facía realmente divertida.
Katla: Lin que era moi lenta pero a min gustoume bastante. E as paisaxes son flipantes.
Sweet Home: Ata o terceiro capítulo ou así (ata o do ascensor) gustoume bastante e pareceume moi entretida. Despois xa me aburría e no último capítulo non sabía se estaba a ver Sweet Home ou algunha das últimas películas de Resident Evil...
The Walking Dead World Beyond: Joder...

El juego del calamar: Non é Juego de Tronos pero si que é moi entretida.
Alice in Borderland: Os 2 ou 3 primeiros capítulos gustáronme bastante.
Rumbo al Infierno: Joder...

Empecei onte ver Fundación e, carallo, coma serie non sei como será pero non debe ser barata.
Por certo, vin tamén Slasher (que, en teoría, só tiña unha tempada) e na aplicación de Netflix da tele, se rematas a primeira tempada xa a pon coma rematada. Pero noutra tele teño un aparatiño de Android TV e na aplicación de Netflix que trae, ó rematar a primeira tempada salta á segunda e pona en latino. Despois ó rematar a segunda, salta á terceira en inglés. Semella que é polas licencias. O carallo é que nas seguintes tempadas non gardaba o capítulo que vías e había que ir ó oitavo capítulo da primeira tempada, correlo para adiante, deixar que saltara ó primeiro capítulo da segunda tempada e ir correndo os capítulos cara adiante ata o que querías ver. Sorprendeume poder facer iso e poder ver as tempadas.