Si moi ben, pero non podemos estar a favor dos beneficios dos libre mercado en tódolas ordes da vida, no fútbol tamén, celebrar con alegría o acerto da profesionalización do fútbol, da xestión empresarial dos clubs, da globalización onde os ricos do mundo gastan os seus cartos no fútbol europeo... e o mesmo tempo escandalizarnos porque o gran capital se organice como lles de a gaña para intentar gañar a maior pasta posible, deixando o resto na estacada. Percibo unha certa incoherencia, ca mesma cando había que dicir algo é fai anos, e non rirse tanto dos que falaban de odiar o fútbol moderno, para gañar algo en credibilidade.
E non o digo polo tipo ese que nin sei quen é, nin por ti , é unha reflexión xeral, aquí somos moi capitalistas, uns máis que outros, ata que chega a hora de parir, entón mutamos por arte de maxia en soviets proteccionistas.
