Mensaje
por roped » Martes 09 de Junio de 2020, 16:04
Pero esa declaración de boas intencións soamente é factible grazas a plataforma material e espiritual que che proporciona o actual sistema, sistema imposto a base de hostias e moita sangue nunha serie de revoltas ao longo dos derradeiros 300 anos, e que so é sostible mediante o abuso e explotación de millóns de persoas ao longo do mundo.
Ti estás negando o uso da violencia que si usaron os teus antergos, non falo a nivel biolóxico, senón social e cultural, para establecer o actual modelo de sociedade, ti que estás na cúspide da piramide social renuncias a violencia, e pides que os que están na base tamén o fagan, sen darlle ningunha outra opción para acadar o que ti xa tes.
USA non é unha democracia, nas democracias de verdade as presidencias non se herdan, existe alternancia no poder, en USA hai unha patitocracia, cambian de caras máis non de políticas, hai máis debate e pluralidade no Partido Comunista Chinés que no Congreso de USA, non hai apaenas diferencia entre Republicanos e Demócratas, o sistema electoral americano é arcaico e fíxose a mantenta para perpetuar no poder as elites, é en si mesmo antidemocrático porque as minorías quedan sen representación.
En toda a historia de USA apenas hai presidentes que non foran membros do bipartidismo, fai 170 anos do derradeiro presidente whig, daquela USA tiña a metade de Estados, os negros non votaban, nin os analfabetos, nin tampouco unha gran cantidade de pobres, o dereito o voto ía asociado o pago de impostos.
A presenza de independentas no congreso e senado a marxe dos dous grandes partidos é igualmente rara, a día de hoxe dos 635 congresistas e senadores de USA hai un so independente, e é un ex governador republicano rebotado e con moita pasta. Non hai ningunha lei que impida os negros a organizarse e formar o seu partido , pero na práctica é imposible, aínda que o fixesen e fosen fortes entre a súa comunidade precisarían ser a forza máis votada en un distritio dos 450 nos que se divide USA, terían que conseguir que algúns brancos os votasen a eles xa que non hai un so distrito electoral con maioría negra, é máis o Estado de Alabama que é o que conta con máis xente negra entre os seus habitantes, sobre un 40%, é famoso polos megafachas e segracionistas que son os seus políticos, e por extensión os seus habitantes brancos, de feito fai menos de unha década que Alabama tivo a súa primeira representante no congreso de raza negra, polo mansiño partido demócrata, se Black Lives Matter se organizara como partido, os seus responsables terían cruces en chamas nas súa porta, e se seguen adiante pasaríalles o que lle pasa a moitos que pretenden cambiar USA desde o respeto as institucións.