Mensaje
por roped » Viernes 25 de Octubre de 2019, 14:10
Ok Diario?, en serio?.
Eu vou moi de vez en cando a Capitanía General, ninguén me saúda así, nin falta que fai.
En todo caso eu o que cuestiono xa non é o saúdo, que poderían obviar se lle saíse do rabo os militares, a min o que me molesta é que tivese que haber un helicóptero militar ao servizo destas persoas, tampouco entendo moi ben a presenza da Ministra, paréceme ben que o soterren ao lado da súa muller, o que non me parece ben é ese panteón de titularidade pública sexa cedido degratix, tamén creo que é moi lamentable que este circo fose retransmitido polas tvs con clara intención electoralista... en resumo, creo que o de onte foi un circo chapuceiro e noxento, que lonxe de ser unha acto de reparación as vítimas do franquismo é un esgarrazo na súa cara e nos dos seus descendentes.
Máis sobre o circo de onte, desde Sexta querían darlle un toque "plural" ao programa especial que fixeron para narrarnos obxectivamente os feitos, como fan sempre, isto foi o que aconteceu logo de contactar co xefe de comunicación do PCE. Moi ME todo.