Pero a ver home, pensa un pouco.Sardinha escribió: ↑Jueves 24 de Julio de 2025, 12:07Realmente pensaba que estávades de broma...Blues_13 escribió: ↑Jueves 24 de Julio de 2025, 11:24Tampoco es inventar la rueda el Madrid lleva haciéndolo años, igual que el Villarreal y otros. Un jugador que en propiedad se devalúa lo mandas a otro sitio si ellos ven que pueden rascar algo ya sea rendimiento o recompra invierten en él, en los cedidos es más difícil. Que vamos para mí Chacón estaba en León en el momento en que fichas a Luismi. Pero lo cambias a pelo por loureiro le pones cláusula de recompra de 1 kilo a los 2 y ellos tienen al jugador que necesitan y tú también y si Chacón explota lo recuperas y si no explota siguen con ellos pero has conseguido el jugador que necesitabas y no tienes que preocuparte de buscarle nueva cesión cada temporada.
Primeiro, non somos o Mandril para ir regalando millons.
Segundo, Chacón NON é un xogador devaluado, máis ben todo o contrario.
Terceiro, Loureiro non vale 1 kilo nin de tripi, ademáis acaba contrato esta temporada (o que significa que nuns meses valdrá CERO).
Cuarto, se fas o panoli regalando un xogador e lle pos unha cláusula de rescate, ponlle unha cifra baixa, non esa barbaridade.
¿Quen vale máis agora mesmo? ¿Loureiro ou Chacón? Loureiro, evidentemente, que é un lateral dereito nivel titular en calquer equipo de Segunda.
A cuestión aquí está en que Chacón pode chegar a valer moito máis que Loureiro. Ti necesitas un titular no lateral dereito porque no posto de Chacón xa tes a Yeremay ou Mario Soriano de titulares indiscutibles. Así que tes un xogador no banco que non medra. Pode axudarte, pero máis te axuda un lateral dereito titular.
A cuestión é cambiar a Loureiro por Chacón a pelo, non pagar nada polo teu lateral titular e eles levarse o xogador que queren. Iso sí, se explota, ti non o perdeches de vista. Se alguén quere a Chacón, vai ter que mercarcho a ti. Se ti queres a Chacón, podes repescalo polo que estás disposto a pagar por Riki. E ademáis, poslle o gancho ó Huesca para que acepte, pero se hai pelotazo, o levas ti.
En realidade estás especulando cun activo, que é o feo da situación, pero o trato sempre é bo, porque ti gañas agora e xa a un titular gratis e no futuro, se sáeche un crack, o tes controlado.
Se o ano que ven vendes a Yeremay, podes fichar e ademáis tes a Chacón ben preparado para traelo por "so" 1,5 millóns.
Pénsao ben.