astigmata escribió: ↑Lunes 19 de Agosto de 2024, 11:13No sé que es eso del chico negro, pero esto tampoco va de elegir una cosa u otra, si a un chaval le han tratado mal por su piel, pues tb hay que decirlo porque está mal, pero no quedarse en eso, que lo de la chiquilla esa sometida a mil exámenes en médicos por la locura de su madre, es horroroso o el apuñalamiento del pobre niño es una burrada, o mil cosas, todo es importante, cada cosa en su grado, no caigamos en las batallas de los políticos, nosotros somos ciudadanos, esas no son nuestras guerras, que las luchen ellos.
Agradezo o teu talante dialogante, pero non comparto a túa postura, estou farto do discurso racista de certos foreiros e da tolerancia que mostran algúns mods con eles. De feito esta polémica ven de tempo atrás, xa se foron uns cantos foreiros por este motivo, eu mesmo estiven un par de meses sen participar no foro, lonxe de albiscarse melloría o problema acentúase.
Dos foreiros paso, voume centrar nos mods, evidentemente segundo eles non existe tal racismo, eu non estou de acordo.
O discurso anti-inmigración da nova ultradereita articulase ao redor de argumentacións relacionadas ca cultura, non recorre a categorías biolóxicas e preséntese como non racista, trátase en realidade dun racismo encuberto, un racismo "culturalista" que afirma que os inmigrantes, esencialmente os musulmáns, son xente cunha cultura diferente que non poden, ou non queren, integrarse e que constitúen unha ameaza para o benestar social e a identidade cultural autóctona, aquí habería que discutir que é o autóctono.
A substitución de categorías biolóxicas por categorías culturais é unha estratexia ideolóxica para encubrir que están a favor da discriminación de colectivos enteiros, o mesmo tempo que eluden a acusación de "racistas", os neofachas pretenden gañar en respectabilidade perante a sociedade, dicir que persoas con outra cor de pel diferente a branca son inferiores ten mala prensa, falar de culturas inferiores pola contra é socialmente máis aceptable.
Para referendar a súa teoría empregan a sensacionalismo mediante o corte e pega de novas sobre crimes noxentos protagonizados por inmigrantes. O rexeitamento, medo, odio, prexuízos... que producen esas novas son empregadas polo discurso culturalista anti-inmigración, do mesmo xeito que o facían os vellos racistas de toda a puta vida. O que agora cambia son os argumentos, a discriminación de persoas polo simple feito de non ser "nacionais" é a mesma.
Penso que loitar contra o racismo, en todas as súas versións, si é a nosa guerra, pero non creo que un foro sobre o Depor sexa o campo de batalla máis axeitado, sobre todo cando os árbitros forman parte do problema.
Chegados a este punto eu suxiro pechar este fío e o de política, como se fixo con outros fíos recentemente, prefiro a autocensura a aturar diariamente a propaganda racista, invisible a ollos dos mods.