roped escribió: ↑Lunes 06 de Junio de 2022, 11:58
Norm escribió: ↑Sábado 04 de Junio de 2022, 14:37
En Corea del Norte hay un montón de medios de extrema izquierda. Dado que en España hay socialdemocracia, los medios son o socialdemócratas cristianos(P.P) o socialdemócratas marxistas (Podemos?. I.U) o socialdemócratas laicos(PSOE). Tienes Público, La Sexta etc etc como medios que van en la onda laica/marxista o ABC, La Razón que van en la onda cristiana.
El ejemplo de los judíos, lo puse como ejemplo, podría haber puesto otro grupo. Investigando un poco seguramente no exista ni un solo grupo humano en el planeta que no se haya forjado a través de la injusticia, opresión etc etc. Quizá existan grupos humanos tribales, pero de reducido número. Claudio Naranjo, podría aburrirnos con el tema.
Sé que la ley de VG no da por hecho que la Violencia ejercida a las mujeres sea únicamente de origen machista, por eso, entre otras cosas, me gusta y apoyo la ley. Pero por eso, no me gusta la interpretación que se hace de ella desde la prensa y por fanáticas feministas, que solo piensan el mundo en términos hombres va mujeres.
Sé que las mujeres son la mitad del planeta pero muchos hombres desearían haber nacido con los privilegios de x mujeres. Seguramente muchos hombres de República del Congo enviarían la vida de cualquier mujer que escriba en este foro. Hay cierta subjetividad en este tema de los privilegios. No acabo de verlo un hecho objetivo. De tus discursos el que más me convence es el de la energía. Ese es un problema a resolver. Creo que es mejor abordar problemas uno a uno e intentar resolverlos, que no intentar abarcar Utopía y causar, mientras tanto, más problemas todavía.
La izquierda vive en Utopía. Es extremadamente exigente y perfeccionista, en las ideas. Es por eso, que pienso que la caga. Existen modelos mixtos que me parecen mucho más convincentes que el arraigarse a un pensamiento que hace aguas por todos lados, cada vez, que tocan el poder.
Aún así prefiero un gobierno de izquierdas extrema, que no de derechas. No soy de derechas, a pesar de que lo pueda parecer.
Descoñezo por completo a realidade dos medios de comunicación de Korea do Norte, sintoo. En toco caso eu referíame os medios de comunicación que temos no Reino de España.
España autodefínese como un Estado social e democrático de dereito con unha forma de governo que é a monarquía parlamentaria, definición que é en si mesmo un oximorón, non se pode ser unha democracia plena cando o xefe do Estado non é escollido polos cidadáns, pero máis aló de este detalle sen importancia, tampouco é un estado social xa que os dereitos sociais de moitos subditos do Reino de España están en entredito, hai moita xente puteada mentres hai moito parasito que vive demasiado ben, o de dereito tamén é bastante cuestionable, a intocabilidade de un rei ladrón é o caso máis evidente, pero o sesgo da xustiza española e o dobre raseiro dependendo de quen cometa o delito é manifesta.
Identificar o PP e o PSOE e os seus medios afíns como socialdemocratas é un erro, a socialdemocracia defende que o Estado debe intervir en tódolos ámbitos que sexa menester para acadar a maior xustiza social posible dentro do marco dunha economía capitalista, nin o PP nin o Psoe defenden políticas intervencionistas para beneficiar as maiorías sociais, eles interveñen para manter o sistema en pé, para beneficiar as oligarquías, nunha verdadeira socialdemocracia non habería un rescate bancario de centos de miles de millóns a fondo perdido, en todo caso habería un préstamo que os accionistas dos bancos deberían devolver de algún xeito, cos seus respectivos xuros por suposto. Un governo de esquerdas de verdade, marxista, aproveitaríase para liquidar abanca privada constituíndo unha banca pública, isto non se atreverían a facelo nin Podemos nin IU, que son os verdadeiros socialdemocratas do Estado español. Compre dicir que un governo verdadeiramente liberal tampouco permitiría o atraco bancario, pero os verdadeiros liberais son irrelevantes en España, moitos dos que autodefinen como liberais son en realidades colaboraderes necesarios dunha cleptocracia que nada ten de liberal.
Cando catalogas como medios de extrema esquerda a Público e La Sexta pos de manifesto que ti estas situado ideolóxicamente a dereita , posiblemente de xeito insconciente. Ningún de estes dous medios defenden ou promociona receitas marxistas os problemas actuais, máis ben todo o contrario, desbotaas por obsoletas, por perigosas, por totalitarias.
A inmensa maioría dos medios de comunicación son de centro e sobre todo de dereitas, non hai unha soa tv de ambito estatal o servizo dos podemitas, tampouco hai ningunha radio, nin xornal en papel, o único reducto é a rede, a ditadura mediatica é absoluta, cousas do mercado disque , non son rendibles, curiosamente en GZ si son rendibles El Páis, El Mundo, ABC, La Razón, Las Voz, Correo Gallego, Faro de Vigo, Atlántico,Ideal, La Región, Progreso... mentres que Podemos ten cero presencia mediatica en GZ, e o BNG o humilde Nós, demasiada desproporción na comparación da oferta mediatica das dereitas ca das esquerdas, se nos atemos os resultados electorias.
Ata na mellor lei pagan xustos por pecadores, a xustiza nunca será perfecta, a pregunta que debemos facernos é se esta lei beneficia a maioría da poboación ou non, quen son os perxudicados pola súa aplicación, e logo evaluar se estamos mellor agora que antes, asumindo os erros e a inxustizas que poden ocasionar a súa aplicación, coido que a situación lexislativa anterior ocasionaba máis erros e inxustizas.
Vivir na utopía é o único xeito de ser realista, quen non chora non mama, para obter algo tes que pedir o imposible, todo cambio implica unha reacción dos privilexiados que ven con temor a perda dos seus privilexios, toda mellora social xera tensión e conflito, a paz social é sinónimo de dominación e abuso.
A cuestión non é si os homes da República do Congo desexan a vida das mulleres españolas, que seguro que si, a cuestión é saber se as mulleres da República do Congo envexan os seus homes, ou non, eu apostaría a que si.
Con todo escolliches mal o Estado, a República do Congo dentro da África negra é dos países máis desenvolvidos, pese a presión de occidente, con guerra incluída, por ser o primeiro Estado africano en achegarse os soviéticos, aínda así están a anos luz da veciña Republica Democrática do Congo que sufreu a Mobutu durante décadas grazas a USA, Francia e Bélxica.