the naked man escribió: ↑Jueves 11 de Junio de 2026, 10:07
@roped no es un problema, es una consecuencia. Estaba respondiendo a por qué alguien honrado no está incentivado a presentarse, y es porque el sistema de partidos actual no está interesado en gente honrada, si no en quienes les pueden dar votos.
Máis ben alguén honrado ten moi poucas posibilidades de acadar un posto de responsabilidade en un partido sistémico, pero isto non é porque non acade votos, un mono con pistola pode ser lider dun partido se conta con bos guionistas e o apoio do capital e dos medios, Ayuso é a proba vivinte disto.
Para chegar o poder precisas ter os medios de comunicación ao teu favor, é dicir debes ter o apoio dos donos das imprentas, agora transformadas en redes sociais, sen ese apoio é case imposible ser alguén relevante, e ese apoio obtense a cambio de facer cousas pouco éticas e mesmo pouco honradas, como por exemplo poñer en marcha políticas públicas en favor dos donos de capital, as veces xestionadas desde a legalidade, e outras de xeito corrupto, é un intercambio puramente comercial, e nos intercambios comercias no sistema capitalista os pouco honrados parten con vantaxe.
En occidente quen manda son os donos do capital, delegando a xestión en empregados que son situados nos parlamentos mediante a financiación de campañas electorais, e promoción nos medios, logo cando rematan o seu servizo son colocados en consellos de administración dunha gran empresa, isto funciona así, a democracia liberal burguesa é isto, un paripé con aparencia de sistema onde impera a lei e se protexe a liberdade, aínda que actualmente a sensación de liberdade vai a menos, pero esfórzanse en manter as formas, non sei por canto tempo. Si se da a casualidade de que aparece un verso solto que acada tocar o poder, se a xente vota "mal", existe un mecanismo interno do Estado que retorce a lei, cando non a infrinxe, para volver ao rego dos intereses das persoas posuidoras do gran capital. Cando estas se senten ameazados iniciase o lawfare, pasou en Brasil con Lula, pasou en Portugal con Costas, e pasou aquí primeiro cos independentismos, despois con Podemos, e o máis sorprendente de todo agora van contra o PSOE, a cousa está tan chunga, os donos do gran capital tenden tanto cara o fascismo, Musk e toda a tropa de señores tecnofeudais móstranse sen pudor influíndo ao resto de elites planetarias, que o timorato PSOE é un elemento que deixou de ser sistémico, o puto PSOE ollo!!!, o Estado Profundo, é dicir os empregados máis de confianza dos donos do IBEX, bota de menos a Felipe González, que era de fiar, mataba xente cando se lle pedía amablemente, mentres que P.S. amnistía aos separatistas sen o seu permiso.
Ti afirmas que os partidos son a causa do mal, e as veces sono, pero esqueces que o único xeito de limitar a influencia das elites é tendo partidos políticos moi fortes, o único xeito de reclamar o noso anaco dunha tarta minguante e mediante unha gran organización colectiva que poida facer fronte ao enorme poder que posúen os donos do capital, sen colectivos, nas súas diversas formas, partidos, sindicatos, agrupacións... estamos mortos, polo tanto o teu alegato contra os partidos políticos é absurdo, é un tiro no pé, salvo que formes parte da elite, ou sexas dunha clase inferior pero que conta co favor desa elite.