
Nome: Carla Castiñeyras López
Nacemento: Cartagena, Murcia, 23 de outubro de 2008
Altura: 1,70 m
Peso:
Demarcación: Defensa
Dorsal: 28
Fin de contrato: 30/06/2027
Internacional: España sub-16, sub-17
Traxectoria:
- 2026/2027
- RC Deportivo (1ª División)
A nova defensa chega procedente do Alhama CF, onde na tempada 2025-26 disputou 21 partidos malia a súa mocidade, consolidándose como unha das futbolistas con maior proxección da súa xeración.
Carla iniciou a súa formación nas categorías inferiores do EF Torre Pacheco antes de continuar o seu crecemento no Real Murcia Féminas. Con apenas 15 anos xa competía en Tercera Federación, paso previo á súa incorporación ao Alhama CF.
No ámbito internacional, foi convocada polas seleccións españolas sub-16 e sub-17. Precisamente coa sub-17 disputou o pasado Campionato do Mundo celebrado en Marrocos.