MICHI APÓSTOL
Nome: Floriangel Mitchell Apóstol Argüelles
Nacemento: Lara, Venezuela, 7 de setembro de 2005
Altura: 156 cm
Peso:
Demarcación: Lateral esquerdo, mediocentro, extremo, mediapunta, dianteira
Dorsal: 30 (primeiro equipo)
Fin de contrato: 30/06/2027
Internacional: Venezuela categorías inferiores, Venezuela absoluta
Traxectoria:
- 2023/2024
- RC Deportivo B (3ª Federación - 4ª cat)
- 2024/2025
- RC Deportivo B (3ª Federación - 4ª cat)
- RC Deportivo (Liga F - 1ª cat) • 4 p • 0 g
- RC Deportivo (Copa de la Reina) • 1 p • 0 g
- 2025/2026
- RC Deportivo B (2ª Federación - 3ª cat)
- RC Deportivo (Liga F - 1ª cat) • 4 p • 0 g
- RC Deportivo (Copa de la Reina) • 1 p • 1 g
Descrición: Floriangel Mitchell Apóstol Argüelles (nacida o 7 de setembro de 2005 en Lara, Venezuela), coñecida no mundo do fútbol como 'Michi' Apóstol, incorporouse ao Dépor ABANCA B en xaneiro de 2024, despois de formarse nas categorías inferiores do CF Deportivo Lara. Debutou no primeiro equipo aos 16 anos na tempada 2021–22. Ese ano, gañou a Liga Feminina FUTVE e foi nomeada mellor xogadora da competición. Marcou 11 goles, incluídos dous na final. Ao ano seguinte, na tempada 2022–23, fichou polo CFF ADIFFEM en Caracas, rematando subcampionas da liga e sendo nomeada de novo mellor xogadora. É internacional en todas as categorías da selección venezolana e debutou co equipo absoluto en 2023, marcando o seu primeiro gol contra Haití. Na súa primeira tempada como xogadora do Dépor ABANCA, Michi Apóstol representou a Venezuela no Campionato Sudamericano Sub-20 e na Copa do Mundo Sub-20 celebrada en Ecuador.
https://www.rcdeportivo.es/gl/novas/o-d ... hi-apostol
https://www.rcdeportivo.es/gl/novas/mic ... a-ate-2027