Louie Louie escribió: ↑Viernes 26 de Diciembre de 2025, 23:59
Va a dar exactamente igual para los del "se vio obligado" como dio exactamente igual cuando se publicó la llamada con Macron donde Putin, dice aceptar la negociación y se va a jugar al hockey antes de invadir a gran escala.
Pero la transcripción del encuentro con Bush publicada hoy no puede ser más elocuente. Putin no temía la expansión de la OTAN por la seguridad de Rusia, la temía porque le impediría anexionarse Ucrania, que piensa que es un "país artificial" (al parecer hay "países naturales" , como lo de los "idiomas inventados" hay peña bien enferma de dios

) al que quiere hacer un desaparecer para satisfacer sus ansias imperialistas. Al parecer Bush ya hizo de Chamberlain antes que Merkel.
Siendo inútil para los que la realidad no puede estopearles su discurso, para el resto, en este hilo explica algunos de los puntos más importantes.
Primeiro e antes de nada, paréceme fascinante que alguén se poña de avatar a filla de puta da Madre Teresa de Calcuta, sobre todo si ese alguén vai de liberal, como presupoño que será o caso.
Penso que o "Teresiano" e ti non vos enterades de nada, ti porque cres que a administración Trump publicou isto?.
Pero non entendes que o relato que nos vende Trump é xusto o contrario do que nos tentas vender ti?, voucho traducir.
Durante décadas, Rusia advertiu sobre as graves consecuencias da expansión da OTAN cara a Ucraína, que entende como o seu patio traseiro, pero Occidente, especialmente USA liderado por presidentes belicistas, fixo caso omiso a eses avisos e azuzou o avispeiro, e agora ten que vir o "home de paz" Trump a amañar o cristo montado.
Estabamos perante un conflito entre imperios, non importaba a lei internacional, nin a lexitimidade, nin moito menos a verdade, foi pura rapiña onde os occidentais non foron mellores que os rusos, a diferencia é que as elites rusas loitan pola supervivencia, mentres que as elites occidentais loitan por acadar mellores posicións que lle axuden a ser máis competitivos na vindeira loita contra os chineses.
Digo estábamos porque Trump cambiou radicalmente o rumbo que desde a IIGM seguiu a xeoestratexia de USA, deuse conta da súa febleza e tomou a decisión de expoliar os seus socios, a nós, convertendonos en colonias (faime graza a política española ocupada nas miserias da corrupción, a dana, o Pedro Preysler... Cando nos van roubar case 100.000 M de euros ao ano para darllo ao capital americano), antes de buscar o enfrontamento directo con outros imperios. Basicamente é máis doado darnos o pau a nós que os rusos.
De aí que se busque mellorar as relacións con Rusia, e estas filtracións van nese senso, por raro que che pareza.