Mensaje
por roped » Lunes 30 de Junio de 2025, 11:47
Sospeito quen non es moito de manis, por iso cho vou aclarar, unha manifestación é un faime casito moi tocho, é un xeito de mostrar que unha parte significativa da poboación está a favor, ou en contra, dunha determinada política ou feito, buscase a foto , por iso van cas mellores galas mediante pancartas, bandeiras e mesmo batukadas, buscase chamar a atención para influír no maior número de persoas, e tentar obrigar as autoridades, por medo o castigo electoral, a que muden as súas políticas.
É un xeito democrático e pacifico de tentar cambiar as cousas, a outra opción é poñer bombas, bastante denostada nos últimos tempos pero o certo é que no seu día funcionou, se temos dereitos é grazas a xente que se manchou as mans de sangue, e non tanto as manis.
Eu defendo as manis sempre, a alternativa violenta é mala cousa, aínda que non a desboto, eu non poño a outra meixela.
Nunca criticarei a ninguén por ir a unha manifestación, en todo caso criticarei o motivo da manifestación.
Por iso creo que é lexitimo que eses dous se manifesten, ademais en este caso tamén estou a favor do motivo da manifestación, coido que é bo que dous ministros do Governo de España mostren o seu desacordo ca fachonada húngara en pleno Budapest, e denuncien a ilegalidade das súas medidas. Son un bo altofalante, de feito se non fosen non estariamos discutindo sobre o tema.