Para o kaiak hai dúas posibilidades, case na desembocadura ou no embalse, para esta última tes que ir ata Monfero. Eu nunca o fixen, sempre que collín o kaiak foi para ir pola ría.
A ruta máis especular das fragas é esta, pero ademais de ser ilegal ir por aí , e bastante perigoso.
http://www.queverengalicia.com/2012/10/ ... -eume.html
Supoño que queres ir o mosteiro, unha ruta moi bonita e menos ateigada de xente , é esta:
https://caminandolashispanias.blogspot. ... reira.html
É circular e doada, terías que ir co coche ata o concello de A Capela, chegar as neves e logo baixar ata unha central eléctrica moi bonita que expolia os nosos recursos.
Hai outra ruta moi chula, a dos Cerqueiros en Monfero, pero é máis complicado chegar ata aló.