Esas ligazóns son de afeccionados a historia, xente que se limita a reproducir o relato historiográfico español creado no XIX da nada, pero sinto decirche que é mentira.
O Reino de Asturias carece de fontes documentais, se aparece o termo Asturias é sempre asociado ao Reino de GZ , a existencia do Reino de Asturias xunto ca posterior reconquista son un mito creado xa en época medieval para xustificar herdanzas e ansias imperiais, moito máis tarde foi empregado como fito fundacional da "nación " española" , que logo , xa no XX, foi magnificada polo Franquismo, Franco cal reencarnación de Don Paio, Pelayo para os españois, protagonizou a súa propia reconquista desde o norte.
Toda esta inmundicia intelectual foi reproducida , e aínda o é hoxe , nas escolas españolas, e vos queredes que se centralice o currículum educativo? iso evitaría fugas de espírito crítico que poñan en cuestión toda esta trapallada, e que así os españois logo de pasar pola escola, sigan sendo un perfectos ignorantes do seu pasado, persoalmente creo que é unha mala idea.
Hai que dicir que a nivel académico, salvo 4 profesores tarados e moi fachas, en todas as Facultades de Historia de España respectan a literalidade da documentación, só faltaba, e son conscientes da enorme distancia entre a crenza popular do que foi o pasado medieval da península, e do que foi realmente. Franco onde vai que morreu, pero a súa gran falsificación histórica propagada polo seu sistema educativo, centralizado, permanece. Perante os novos perigos que a ameazan a propia existencia do Estado Español, isto é así, España está nun momento crítico da súa curta existencia, a dereita española, e algúns autodenominados de esquerdas tamén, pretenden reproducir modelos educativos decimonónico que palie esa crise existencial, como se da outra vez solucionase algo, décadas , mesmo séculos transmitindo mitoloxía nacionalista española non rematou cas ansias de secesión de Cat, porque vai resultar agora?.
O certo é que toda a documentación medieval fai sempre referencia ao Reino de Galicia, e non me refiro o Suevo, falo de séculos despois, algúns exemplos, corto e pego:
Fontes árabes. As fontes musulmáns son unánimes na súa denominación do reino cristián peninsular o longo da alta Idade Media[31], para eles o nome deste reino é sempre Ŷilliqiya (Ḏj̲illīḳiyya) ou Galisiya[32] nome cuxa tradución é Galicia[33] nunca Asturias. De igual xeito, os soberanos do territorio son para os cronistas árabes sempre reis de Yilliqiya ou reis galegos[34].
Fontes francas. No ano 798 nos Annales regni Francorum Afonso II aparece como Rex Gallitiae et Asturiae[35], no século IX na biografía de Carlomagno, Vita Karoli Magni, repítese a fórmula[36]. Na obra Vita hludovici" Afonso II é denominado príncipe das Galicias (Adefonsi Galletiarum Principis)[37]
Fontes vaticanas. No ano 794 con motivo do Concilio de Frankfurt o papa Adrián I diríxese ao clero de Galicia e España[38], é dicir ao clero galaico e ao mozárabe. O Cronicón Aniense afirma que ao referido concilio acudiron bispos de Italia, Gotia, Aquitania e Galicia[39]. O papa Xoán IX comunícase co rei Alfonso III chamándolle "Adefonso Regi Gallaeciarum”, ou “Rex Galletiae". Sobre esta misiva é ilustrativo referir que o historiador español Sánchez Albornoz realizou un ensaio titulado "Sobre una epístola del papa Juan IX a Alfonso III de Asturias", aínda que no texto Afonso III só figura como rei de Galicia[40]
Fontes escandinavas. A xeografía normanda divide a península en tres partes: Galizuland, Spanland e Skarland. Existen dezaseis sagas escandinavas nas que se fala de Galicia, habitualmente co nome Jacobsland a "terra de Santiago", e dos reis galegos[41].
Fontes cartográficas. Nos mapas medievais conservados até a actualidade[42] denominase Galicia á parte cristiá da península ibérica. Nas escasas ocasións nas que aparece Asturias nunca figura soa, sempre o fai dentro de Galicia[43].
https://gl.wikipedia.org/wiki/Reino_de_Asturias
Os historiadores casteláns, españois máis tarde, desde o XVI ata case os nosos días falsificaron os datos, así de claro, traduxeron nas fontes anteriores e moitas outras o termo Reino de GZ por Reino de Asturias, cos seus santos collóns, e fíxose a mantenta, servindo a uns intereses ideolóxicos e económicos incompatibles ca idea de que xermolo do seu proxecto nacional fose GZ, xa que historicamente os nobres e reis galegos foron os inimigos máis encarnizados de Castela polo dominio da península, tan inimigos foron que Portugal é froito de esa inimizade, Portugal é o resultado do éxito dos nobres galegos do sur, pola contra os galegos do norte pecaron de ambiciosos, quixeron quedarse con todo o pastel, dominar as terras de León e Castela, e o final pegáronse o hostión, fixeron un Pedro Sánchez.
