Dos 27 Estados que forman a UE so hai 4 que teñan un governo socialista, España, Malta , Alemaña e Dinamarca e logo está a cousa rara de Eslovaquia, que non teño claro que é.
Salvo que se lle chame esquerdas os governos de liberales e membros de partidos popular europeo o protagonismo das esquerdas na actual UE é máis ben modesto.
O que si fixo a esquerda trala IIGM foi implementar unha lexislación respectuosa cos dereitos humanos que choca cas intencións lexislativas da dereita e ultradereita europea, como por exemplo facer campos de concentración de inmigrantes en Albania como pretende facer Meloni, co aplauso de Feijoo por certo.
A conspiración que apunta ese tipo, a implementación de procesos de inmigración ilegal para beneficio das elites capitalistas ca colaboración das esquerdas é bastante cómica.
As esquerdas non nos gustan as elites capitalistas, iso para empezar, os procesos de inmigración existen porque hai moitos millóns de persoas no sur global que aspiran a mellorar as súas vidas, como o proceso migratorio polos cauces legais é moi restrictivo as persoas escollen inmigrar en B pagando as mafias para que os pasen o outro lado.
Nunca se probou que esas mafias teñan o apoio explicito de ningún governo europeo, en todo caso acusase a estes, tanto de esquerdas como de dereitas, de non combatilas con máis dureza.
O PP fai un mes fixo a simpatica suxestión que defendía desplegar a armada para frear o fluxo migratorio, non dixeron se era para recollelos como é o seu deber legal, así llo fixo saber un alto mando da Marina española, ou para frealos a bombazos.
Pero é certo que a inmigración beneficia o gran capital, en realidade saímos beneficiados a maioría dos occidentais , pero os donos do tingaldo gañan máis, coma sempre.
Para o capitalismo neoliberal o traballo dos inmigrantes é o instrumento ideal para transformar os países pobres en economías prósperas. Segundo o seu dogma os individuos libres asumen a responsabilidade do seu benestar persoal, buscanse a vida, aumentando a competencia entre eles, facendo medrar a productividade, o que redunda nun aumento do PIB dos países receptores, pero tamén o dos países de orixe mediante partidas de moitos euros. De paso esa enorme masa de traballadores desesperados fan baixar os salarios dos traballadores de occidente, aumentando os beneficios dos donos do capital, creando un conflito entre clases humildes autóctonas e foraneas, todo iso é certo.
As esquerdas, as de verdade, defendemos o eslabón máis feble desa cadea, polo menos mentres exista esa cadea capitalista o noso deber é poñernos de parte dos traballadores, sexan de aquí ou de fora, fronte o dono do capital que é o gran beneficiado no actual sistema, defendemos redistribuir mellor os beneficios co fin de limar o conflito entre traballadores, con traballo e pasta no peto as diferencias culturais importan bastante menos.
O que non pode ser é liberal e o mesmo tempo ser un racista que defende a idea de Europa fortaleza, iso é unha incoherencia propia dun analfabeto, ou dun hipócrita, non podes pedir que cheguen os productos sen aranceis, defender o libre mercado, e o mesmo tempo defender que se debe prohibir a chegada masiva de individuos que fuxen da dominación da economía feudal e buscan refuxo no capitalismo, para logo verse obrigados a traballar no mercado sen limitacións na extracción da plusvalía do traballo, da explotación pura e dura nun invernadoiro a 50 º para que nos teñamos os tomates algo máis baratos no super e o dono do invernadoiro teña un Tesla ecolóxico.
Moitos liberais defendense dicindo que non collemos todos, que África non colle en Europa, asumindo inconscientemente que existen límites físicos, e que o seu sistema é unha fraude, que promete a liberdade do individuo, pero so para os escollidos, casualmente case todos brancos, o resto a pasar fame tralas concertinas a espera que fagan falla no primeiro mundo.