Mensaje
por roped » Jueves 23 de Febrero de 2017, 12:42
Ti es máis xeneroso ca min valorando as capacidades dos noso xogadores, iso faite ter máis fe e crer que con unha elección de adestrador máis acertada, con unha maior concordancia co perfil da plantilla, obteríamos mellores resultados.
Eu penso que iso pode ser un erro, desde fai anos temos a sensación de que os nosos adestradores non explotan todo o potencial dos xogadores, iso combinado coa mala fortuna fai que nos arrastremos por 1ª, pero realmente infrautilizamos os xogadores ou simplemente non dan máis de si?, eu creo que é máis isto último, somos peores do que creemos e pretendemos xogar a algo para o que non estamos capacitados, e penso que os responsables fundamentais non son nin os xogadores, nin tampouco os adestradores, son os que dirixen o cotarro, trouxeron un ferreiro para facer mobles, iso de base pinta mal, pero é que ademais a madeira é moi aparente, pero realmente está chea de furados de couza.
E a cousa vai a peor, en vez de asumir o erro o que fai Tino e os seus muchachos é insistir na mesma aposta, traendo máis xogadores de "bo pé", pero non o suficiente bo pé como para que triunfaran en grandes clubs, traemos xente boa co balóns nos pés, pero con carencias en outras facetas do xogo, o que provoca que o noso nivel competitivo sexa bastante máis baixo do que aparentamos, somos pura fachada, todo moi bonito, pero ante a primeira hostia recibida esmendrellámonos.
Agora a papeleta é complicada, que facemos?, non temos ferramentas para un plan b, de feito o adestrador probou diferentes cousas, algo que se lle bota en cara, cando para min é proba de que sabe o que fai, pero chegou a conclusión que o menos malo e o máis cómodo perante a grada é xogar cos "bos", pero o problema é que os "bos" non gañan. Cambiamos de adestrador? é unha solución doada, é pode que a nivel mental veña ben, pero a medio longo prazo os problemas actuais reproduciranse, a única solución é traer a bos xogadores, pero bos de verdade que non podemos pagar, ou mudar de estilo, xogar máis tapadiño e traer xogadores con peor pé, pero con máis oficio, que den patadas e con máis físico.