A Selección Galega Sub-16 (cadete) clasificouse para a Fase Final Nacional da Copa Coca Cola, que terá lugar en Torremolinos do 10 ao 12 de xuño, ó gañar as dúas tandas de penaltis que tivo que disputar ante Asturias e Cantabria logo de rematar os dous partidos con empate. Os porteiros erixíronse en protagonistas ao parar Adrián Vieites dous penaltis diante do combinado asturiano e Pachi González ao deterlle un a Jairo Poo e ser el mesmo o último en convertir a pena máxima que daba o pase á final.
GALICIA - ASTURIAS 0-0 (4-3)
Galicia superou o seu primeiro partido diante de Asturias na tanda de penaltis (4-3) tras finalizar os corenta minutos de xogo con empate a cero. Dúas paradas de Adrián certificaron a vitoria galega que xa se tiña que producir anteriormente, pois dispuxo das mellores ocasións para marcar. Comandados por un inspirado Martín Diz, o combinado adestrado por Ángel Oliviera, achegouse con moito perigo á portería de Sergio. O gardameta asturiano realizou unha excelente actuación, sendo o mellor do seu equipo, e evitando que o balón entrase na súa portería.
Nos derradeiros minutos de encontro, Galicia asediou a portería asturiana dispoñendo Carlos Gamallo dunha grande oportunidade de cabeza, que salvou o meta que milita no Oviedo, e Manu Ramos que estrelou o esférico no longueiro. Sen embargo, o marcador non se moveu e o partido decidiuse na tanda de penaltis, na que Adrián Vieites convertiuse no protagonista ao pararlle os lanzamentos a Alejandro Montes e Carlos Núñez.
Ficha técnica:
Galicia: Adrián Vieites, Alejandro Figueroa, Óscar Sánchez, Carlos Gamallo, César Rodríguez, David Rojo, Manu Ramos, Sergio Otero, Manuel Xiráldez, Manu Fernández e Martín Diz. Tamén xogaron: Víctor Vilariño e Javi Armas.
Asturias: Sergio Fernández, Juan Rodríguez, Daniel Sánchez, Jordi González-Pola, Carlos Núñez, Alejandro Losada, Yago Fernández, José Luis Guerra, Alejandro Montes, Álvaro Roces, e Mateo Valdés. Tamén xogou: Óscar Ortega.
ASTURIAS – CANTABRIA 0-0 (1-4)
O segundo partido da xornada tamén se decidiu desde os once metros (1-4) ao rematar o tempo regulamentario con empate a cero goles. A falta de acerto dos xogadores asturianos fixo que xa non tiveran opcións de clasificarse para a fase final.
O encontro foi moi aberto. Asturias necesitaba gañar para ter posibilidades e Cantabria non quería deixar o pase a expensas do partido co anfitrión. Os dous conxuntos dispuxeron de ocasións para adiantarse no marcador, a máis clara nos derradeiros minutos de partido, onde Alexandre Antón enviou o balón lamendo o poste da portería asturiana.
Ficha técnica:
Asturias: Jorge Álvarez, Alejandro Campelo, Iago Fernández, José Luis Guerra, Simón Carrero, Alejandro Montes, Pelayo de la Fuente, Óscar Ortega, Jordi González-Pola, Carlos Núñez e Iván Serrano. Tamén xogaron: Arnaldo Javier e Mateo Valdés.
Cantabria: Germán Fernández, Pablo Benito, Gabriel Fernández, Adrián Subisaga, Julio Álvarez, Juan Carlos Campo, Martín Solar, Javier Gutierrez, David Benitez, Jorge de Miguel y Ángel Cobo. Tamén xogaron: Diego Marta e Alexander Antón.
GALICIA – CANTABRIA 1-1 (6-5)
O derradeiro partido do día dedicía o equipo que se clasificaba para a Fase Final, polo que os dous conxuntos buscaron dende o principio domiñar o encontro. Comezou forte o combinado cántabro, achegándose con certo perigo á portería defendida por Pachi González, pero pronto Galicia comenzou a combinar e a facerse co mando.
Javi Armas tivo a posibilidade de poñer por diante á selección, pero estivo demasiado xeneroso e David Rojo non chegou ó balón. Non fallaría na seguinte ocasión Cantabria. Xogada combinativa pola dereita, o balón chegou a Daniel Ruiz que rematou duro batindo ao gardameta galego.
A reacción do combinado de Oliveira non tardou en chegar e David Rojo erixiuse en peza clave, facendo o empate catro minutos despois, tras aproveitar unha boa xogada pola banda de Pablo Martínez.
Co partido roto e con ambos conxuntos tentando buscar o gol da sentencia, aínda que foi a selección galega a que chegou con máis claridade á portería rival, pero sen moita fortuna, polo que tralo pitido final do árbitro, unha vez máis os dous equipos tiveron que ir á tanda de penaltis. Despois de seis lanzamentos, Galicia conqueriría a vitoria e o pase á final co protagonismo do porteiro, que acertou a adiviñar o lanzamento de Jairo Poo e despois asumiu a responsabilidad de tirar o que sería o derradeiro penalti do torneo, batindo ó seu homólogo Marcos Reinoso.
Os xogadores celebraron a clasificación fundíndose nun multitudinario abrazo e celebrándoo cos afeccionados que se desprazaron ata Baltar.
Ficha técnica:
Cantabria: Marcos Reinoso, Jairo Poo, Álvaro Mantilla, Gabriel Fernández, Julio Álvarez, Diego Marta, Diego Múñoz, Alexander Antón, Daniel Ruiz, Jorge de Miguel e Javi Gutierrez. Tamén xogaron: David Benitez, Martín Solar e Ángel Cobo.
Galicia: Pachi González, Carlos Gamallo, Iván Pérez, Pablo Martínez, César Rodríguez, Martín Diz, Manu Ramos, Javi Armas, David Rojo, Carlos López e Alberto Rodríguez. Tamén xogaron: Óscar Sánchez, Víctor Vilariño e Manu Fernández.
Goles: 0-1 Daniel Ruiz (min. 18); 1-1 David Rojo (min. 22).
http://www.futgal.es/pnfg/NNws_ShwNewDu ... 0mzm5GLTIU