Os deputados/ congresistas non votan por fanatismo, iso so lle pasa os votantes anónimos, os políticos son profesionais, mercenarios se prefires, que votan por intereses, e é como debe ser.
Logo está o tema da disciplina de partido, as dereitas, os liberais e libertarios non lles gusta, a min paréceme un principio básico e irrenunciable.
A lealdade entre socios na defensa dos principios ideolóxicos dunha asociación entre individuos con intereses comúns, un partido político é iso, é o único xeito que teñen as clases desfavorecidas para defender os seus intereses fronte o ataque duns donos do capital que a diferencia dos pobres non precisan partidos políticos dogmáticos e liberticida ao seu servizo para defender os seus intereses, bástalles con comprar o peso a vontade dos parlamentarios.
Isto é moito máis doado en sistemas maioritarios do estilo anglosaxón, onde os partidos non teñen o peso que temos no parlamentarismo, na teoría en USA e U.K. os representantes defenden os intereses dos cidadáns da súa circunscrición, na práctica, na inmensa maioría dos casos, defenden os intereses do capitalista que lle paga a campaña electoral e se compromete a proporcionarlle un retiro dourado nun consello de administración. Non existe un partido forte que asuma os custes económicos dunha campaña electoral a cambio de obediencia, ese rol asúmeo o cacique, por iso os anglos teñen uns servizos públicos de merda en comparación o que temos as democracias parlamentarias europeas, en USA e U.K. non hai unha verdadeira alternancia, tanto demócratas/ laboristas, como republicanos/ conservadores serven aos mesmos amos, alí é impensable que sindicatos e governo negocien unha suba do SMI a marxe dos capitalistas, aquí iso pasa.
