Sardinha escribió: ↑Miércoles 19 de Noviembre de 2025, 10:20
roped escribió: ↑Martes 18 de Noviembre de 2025, 12:24
Non somos o Barça de Guardiola pero damos máis de 3 pases seguidos.
Si contamos os pases entre Parreño e os centrais damos máis de 3 pases, sí, pero eu falo de posesión, de ser o dono do balón.
O outro día vin unha estadística aplastante e algúns decían que foi pola chuvia que nos causara moitas imprecisions para enlazar 3 pases seguidos. Claro porque cando atacaba o Córdoba o campo estaba seco, oiste...
roped escribió: ↑Martes 18 de Noviembre de 2025, 12:24
O plan de xogo é aguantar atrás e esperar que o rival se canse de presionar ou cometa un erro.
Si o plan de xogo é ise, pois ainda peor o estás poñendo. Si ca plantilla que temos o plan do señor do banquillo é a de esperar atrás e rezar para que non acerten ningunha das ventipico ocasions que nos fan é para facerlle un despido inmediato...
roped escribió: ↑Martes 18 de Noviembre de 2025, 12:24
Non defendemos arriba, as distancias entre xogadores en defensa non son tan grandes porque tirámonos moito para atrás, todos, o que sucede é que logo en ataque abrimos moito o campo para aproveitar a nosa velocidade o cal nos ocasiona problemas na combinación, a cambio hai máis espazos.
Claro que defendemos arriba (o día da Cultural tes unha boa mostra), pero o facemos fatal, en moitas partes do escontros Zacka, Yere e outro van tapar a saida do balón e mentras tanto a nosa liña defensiva está hundida, iso son moitísimos metros entre xogadores, algo inasumible a hora de ocupar espacios.
O caso é que no futbol pódese gañar sen ter a posesión da pelota.
O mantra culé imposto pola escola holandesa de que se tes a pelota tes máis posibilidades de gañar é mentira, sobre todo cando non tes os xogadores do Barça é unha trola moi evidente, o noso pagafantismo ao longo de anos en 1ª RFEF onde saímos a dominar os encontros empuxados polo escudo é proba diso, tíñamos a bola para nada.
De feito o mantra culé é tan forte que para moitos xogar ben so é posible se tes o 60% da posesión e trenzas xogadas estéticamente bonitas, as Champions do Madrid seica son froito da sorte e de ter bos xogadores...
Non temos tan boa plantilla, non sabemos defender ben, é máis non temos capacidade física para defender ben, sobrestimades as nosas capacidades.
Defendemos arriba contra equipos moi febles, os fortes empúxannos ata área da que apenas saímos, gardamos a roupa mentres malamente nadamos ata espera do momento propicio, a min paréceme un xeito intelixente de encarar os encontros cando non es superior ao rival, o de ir de cara, a peito descuberto para logo palmar é ridículo.
Hai equipos que corren máis ca nós, que son máis alto es e fortes, que combinan mellor ca nós, pero non hai ningún que teña a nosa pegada e rapidez, o noso xogo cas súas evidentes eivas explota as nosas fortalezas e disimula as nosas feblezas, pódese facer mellor?, seguro que si, pero tamén peor.