https://www.rand.org/content/dam/rand/p ... %8E014.pdf
Nun arrebato de vergoña borrárono. Aquí fixeron un pequeno resumo:
Cómo acabar con Rusia, según la RAND Corporation
https://www.voltairenet.org/article206558.html
USA, pero a UE tamén, precisan dos recursos de Rusia para evitar ser superados polos Brics, cousa que xa está sucedendo:

A UE soe ser retratada como os parvos útiles desta historia, pero a realidade é que os amos de Europa decidiron derrocar a Putin para ter máis tallada no reparto nunha Rusia governada por un amiguete do estilo de Zelensky. Os europeos non foron tan parvos, foron demasiados avariciosos.
En ningún momento se pensou que se podía derrotar militarmente a Rusia, as potencias nucleares non perden guerras, o que se tentou é que Rusia se arruinase, que a poboación rusa o pasase mal e que ese malestar provocase un motín e un cambio de réxime, pero occidente fracasou, non calculou ben as forzas de Rusia, nin a súa alianza con China.
Que USA se baixe da burra deixa ben as claras a súa posición de debilidade, ante a evidencia de que non poden tirar abaixo a Putin negocian con el un premio de consolación, vanse repartir Ucraína sen contar ca opinión dos demais, o cal é unha mostra máis de debilidade por parte dos dous Imperios, están tan necesitados que non poden repartir nin as migallas cos aliados, ou cos rivais para tentar tender pontes.
A cuestión é que Ucraína é pobre, non é nin por asomo tan rica como apuntan os medios de comunicación, que basean os seus cálculos en datos da URSS, o certo é que os recursos que atesoura Ucraína son modestos, a súa conquista tanto para uns, como para outros é un mal negocio, ca diferencia de que para Rusia ter saída o Mar Negro é vital, mentres que para USA xestionar unha Ucraína arrasada é un negocio dificilmente rendible.
Na miña opinión a UE debería abandonar Ucraína, a metade dos ucraínos querían ser occidentais, eran moi proinaquis, a outra metade prorrusos, pois que así sexa, que lles vaia bonito.
Pensar en meter soldados en Ucraína é moi estupido polas seguintes razóns:
O botín a gañar é unha merda en relación a inversión que se debe acometer.
A escalada nunha confrontación directa cos rusos é bastante factible.
Tensionar as relacións con USA e Rusia ao mesmo tempo é un suicidio.
Levar tropas ao fronte oriental, deixando que 100.000 soldados de USA queden cómodamente instalados na retaguardia, nas súas bases de centroeuropa, para que logo sexan as empresas ianquis as que se instalen en Ucraína é de subnormais perdidos.
Por todo isto non queda outra que deixar abandonados os ucris, é unha putada para eles, pero é o que hai, a UE non ten capacidade na actualidade para mudar nada, so podemos facer o parvo traballando para os intereses dos ianquis meténdonos nunha guerra eterna contra Rusia, se Trump e Putin queren Ucraína que a xestionen eles, seguro que se lles vai dar de marabilla, os europeos mentres poderíamos crear unha resistencia a ese dominio, un grupo pola unificación da Ucraína soberana disposta o uso da violencia para acadalo, hai unha chea de anarquistas e comunistas masacrados polas diferentes ultradereitas ucraínas, tanto prooccidentais como prorusas, que non resultarán difíciles de convencer para tocarlle as bolas tanto a uns coma os outros.
Nos, os europeos, mentres tanto debemos pensar en crear unha alianza militar propia, e para iso o primeiro paso é non apoiar os incrementos de gasto militar, é dicir, negarnos a mercarlle armas a USA, cabrear a Trump e que este de un portazo e abandone a OTAN, deixando cancha a opción de crear un mando único a nivel europeo, non fai falla gastar máis en armas, xa temos o 2º maior exercito do mundo, basta con xestionalo ben.
O problema é decidir a quen obedece ese exercito europeo, a quen rende contas, a UE debe facer reformas institucionais máis aló do campo militar, debe crear un governo máis áxil e democrático que a actual comisión, e iso é o dificil.
Cando teñamos un governo e un exercito europeos, teremos a capacidade para largar as tropas americanas de Europa, e aí si poderemos empezar a pensar en Ucraína, mentres non.
Pero isto custa pasta, e hai que renunciar a soberanía " nacional", as dereitas, que son as que mandan en Europa non o van facer na puta vida, prefuren comerlle o esfínter os americanos se iso lles permite manter os privilexios de clase na súa parceliña, o problema é que Trump é tan tarado que non llo permite, iso ou que a cousa está tan mal que para evitar o colapso total hai que paparse tamén os presuntos aliados.
Tampouco estaría demais achegarse os chineses, os europeos para ser soberanos deberían evitar que Macrom e Starmer se humillen presentando un plan de paz a Trump, o que debería facer é presentar ao mundo un plan de paz asinado pola UE, China e Ucraina, que seguramente non valga para nada , pero polo menos marcas territorio e gañas en dignidade.