astigmata escribió: ↑Miércoles 26 de Febrero de 2025, 19:34
La descentralización, según la experiencia de este país en el que estamos, lejos de ser buena para romper las oligarquías es perfecta para ello. A nivel local, un propietario mediano tiene unas relaciones laborales, económicas, incluso personales que le dan gran proyección sobre la gente más cercana, puede fácilmente influenciar el municipio, aunque la provincia ya le queda grande, ni mucho menos el estado que ya es el coto de caza de grandes fortunas no de mequetrefes de pueblo.
Está todo inventado, ya pasaba en el siglo XIX, un destilado clientelar desde los grandes propietarios a los caciques locales que podían hacer presión en sociedades más pequeñas, controlando el voto hasta llegar al chiste que era el turnismo decidiendo gobiernos de antemano por la gran cantidad de personas dependientes de los poderes locales que carretaban votos.
La descentralización solo favorece a los peces medianos y pequeños, que de ese modo se llevan una parte del pastel, en nada afecta a los peces gordos que saben como apretar las teclas adecuadas para seguir teniendo el control. Son los gobiernos centralizadores los que liquidan estos caciques, porque ya no los necesitan, así pasó en la Italia de Mussolini que tenía a la mafia de uñas porque les había quitado el ranchito para comerse todo el Duce.
Iso non é certo, o centralismo borbónico foi quen configurou España tal e como é hoxe, saíulle regular tirando a mal, foi o promotor dun sistema corrupto e endogámico que xerou a súa vez oligarquías parasitas a tódolos niveis.
Un cacique local é moitísimo máis doado de presionar que un cacique asentado en Madrid, de feito en GZ tivemos revoltas sociais de estilo medieval contra señores locais fai apenas un século, houbo mortos, moitas mulleres porque foron elas quen se manifestaban, mesmo chegaron a sitiar a maior base da armada española bloqueando as portas de Ferrol, a solución dos poderosos locais foi chamar o primo de zumosol, o Estado Central, os governadores civís , mandaron despregar a Guardia Civil, e no caso de Ferrol tamén o exercito, disparar a matar e a cargas da cabalería, así o fixeron, non se sabe nin a xentiña que palmou, todos esquecidos, para eles chega tarde o concepto de memoria histórica, xa se sabe, non é bonito lembrar que o Estado mata o pobo para protexer os poderosos, foi o centralismo o que salvou o poder local en xaque, de non actuar teríano pasado moi mal.
Vou citar a Enrique Rajoy Leloup, un tipo moi católico, conservador e un dos pais do I Estatuto de Autonomía de GZ. Isto foi o que dixo en pleno debate estatutario:
«quien no tiene libertad para gobernar su propia casa y regir sus propios intereses, sea pueblo, sea persona humana, o es un esclavo o un incapaz que precisa tutela, como los menores, los idiotas o los locos. Siempre, un capitis disminuido»
Pois iso.
Por certo o señor Enrique foi o avó de Mariano Rajoy, o neto sente unha profunda vergoña polo seu avó, o sentimento supoño que sería mutuo se vivise Enrique, tanta vergoña ten o ex presidente que fai 20 anos non dubidou en mandar secuestrar unha biografía sobre o seu avó, empuxando a prevaricación a unha boa pila de xente. O libro fora editado pola deputación de Pontevedra, en mans do PP en ese momento, desde Madrid descolgaron o telefono para que o libro quedara esquecido indefinidamente nun almacén da depu , durante case un ano houbo denuncias públicas e mesmo ameazas de recorrer a xustiza por parte do autor, que coñecín, daquela xa pasaba dos 80 e lla soplaba todo, un vello cabreado é un rival temible, xoga sempre o límite, finalmente acadou a "escarcelación" do libro, o centralismo outra vez.