Mensaje
por roped » Viernes 04 de Octubre de 2024, 9:19
Teríao que pagar as administracións públicas, de feito xa o fai, a Xunta merca periodicamente hectáreas de terreo das Fragas do Eume, non fraguas ( aínda que etimoloxicamente os termos están emparentados, ou iso din algúns), pero faino moi paseniñamente, das 9000 hectáreas do parque, apenas 1800 son de terreo público.
O malo é o que apunta Dabicito, danlle uns céntimos por metro, os propietarios queren que suba a un euro metro, paréceme unha reclamación razoable.
Un parque natural, que é un dos 5 mellores bosques atlánticos que quedan no mundo, non debe ser explotado forestalmente, de feito non debería ter un rendemento económico máis aló de cobrar entrada para chegar a algún dos seus lugares, como por exemplo Caaveiro.
Os espazos naturais, precisamente por ser naturais non son " coidados", autoregulanse, os bosques existen desde moito antes da aparición do ser humano na terra.
No último incendio das fragas o lume arrasou os eucaliptais e algún que outro piñeiral, so o freou a fraga autóctona virxe e espesa, sen coidar.
Por outra parte ter eucaliptos non significa que o monte este coidado, de feito as plantacións de eucaliptos son moi rendibles porque non precisan coidado algún, se non fas nada medra a broza baixo deles e o risco de lume é máis alto, pero a maioría dos propietarios de GZ corren ese risco.
Eu non creo que os propietarios privados, mancomunados ou non, deban ser os responsables da xestión das Fragas do Eume, eu penso que esa tarefa debería ser única e exclusivamente responsabilidade da Xunta.
Desde o punto de vista do propietario minifundista, a inmensa maioría en GZ, o negocio do eucalipto é unha puta merda, gañas se tes moito terreo, pero os prezos son unha miseria, se tes fincas pequenas o negocio é moi malo, apenas uns centos de euros o ano, o prezo da tonelada leva décadas arredor dos 35- 40 euros, se lle restas a inflación o eucalipto custa menos da metade do que valía nos 80, é unha economía miserable propio dunha colonia. Entendo que a xente que non ten recursos se someta a Ence, pero a min non me van chulear, prefiro que nas terras da familia medren os carballos a eito que colaborar con esa mafia.
A facturación da venda do eucalipto en GZ é de 150 millóns de euros o ano, dun PIB de 70.000 millóns, correr o risco dos indencidos, a biodevirsidade e a paisaxe feitos merda, para obter o 0,2 do PIB galego non é unha xestión económica intelixente, so beneficia os traballadores e sobre todo, os accionistas de Ence.
Eu faría como os portugueses, eu prohibiría o eucalipto, as celulosas tamén funcionan con bidueiros e pradairos, non se gaña tanto pero é bastante máis sostible e menos arriscado en caso de incendio.