Si, xa sei que o pon a nova de este xornal e da inmensa maioría dos xornais do mundo, precisamente ese é o problema, a total ausencia de espirito crítico da prensa "libre" que tenta facernos tragar rodas de muíño.
É certo que baixou a producción no Mediterraneo por culpa do tempo, pero porque afecta a U.K. máis que a outros países do norte europeo?.
U.K. importa a metade dos alimentos que consume, carece totalmente de soberanía alimentaria pero aínda ten uns poucos miles de persoas traballando no campo que producen unha enorme cantidade de alimentos por unidade productiva, sen eles U.K. aínda sería máis dependente do exterior para comer.
Moitos de estes traballadores do sector primario están afiliados o sindicato NFU, coido que é o sindicato maioritario no sector, pero tampouco estou seguro, o caso é que a presidenta do sindicato dixo antonte na súa xuntanza anual que a cousa esta moi fodida para os traballadores do campo británicos, porque segundo ela os insumos agrícolas aumentaron o 50% desde o 2019, os fertilizantes un 169%, o penso da bichería un 57%, e a enerxía un 79%, isto, xunto o efecto do cambio climático, traducese en records negativos desde que hai rexistros, estamos perante a peor producción agrícola e gandeira da historia recente británica.
https://www.nfuonline.com/updates-and-i ... h-in-full/
Isto non o conta La Vanguardia, ni ningún xornal pertencente a un lobby, que veñen sendo todos, a isto me refiro con medios de comunicación o servizo do capitalismo.
Hai dous relatos propagados pola inmensa maioría dos medios de comunicación cando falan do que está acontecendo en U.K., o primeiro tenta facernos crer que esta mala racha débese a un fenómenos natural a marxe da vontade humana, ninguén é responsable, nin os políticos británicos, nin moito menos a súa clase social dominante, nin a sociedade en xeral... en Murcia e Almería fai mal tempo, que lle imos facer, é pura mala sorte que ninguén podía preever. O segundo relato, asume o anterior como certo, pero apostillando que os ingleses cagarona co Brexit, xa que agora non teñen man de obra barata e ademais teñen máis trabas burocráticas para importar o que precisan. E deste xeito despachese informativamente o que está acontecendo, con un compendio de clichés e medias verdades que non explican para nada a realidade.
Ningún medio de comunicación con un mínimo de audiencia conta que as disrupcións do clima, cada vez son máis comúns e con efectos máis devastadores, son consecuencia directa de un crecemento económico bestial que emiteu e emite moitas toneladas de gases de efecto invernadoiro a atmósfera, ningún se cuestiona que o Brexit é a consecuencia lóxica de converter un Estado enteiro en un semiparaíso fiscal feito a medida dos ricos, onde os pobres e as clases medias perden poder adquisitivo a pasos axigantados, onde se perpetrou unha operación liberal capitaneada por Thatcher encamiñada a eliminación via reconversión da clase obreira, para convertila en emprendedores, especuladores, e operarios desclasados das .com, sector financieiro e servizos, un semiparaíso que se sustentaba nos pozos de petroleo do mar do Norte e nunha débeda privada e pública xigantescas, e que agora cando estes pozos declinan na súa producción, ou están directamente esgotados, U.K. pasa de ser exportador de fósiles a ser importador, mentres a débeda non deixa de aumentar, as contas non lle dan e hai que independizarse para tirar a libra e pagar os pufos con diñeiro de mentira.
E non se cuestiona isto públicamente porque facelo significa poñer en dúbida os principios básicos do capitalismo contemporaneo, a base mesma da nosa civilización, e iso é anatema, está prohibidisimo, o que toca agora é falar do hidróxeno verde e demais idioteces para que non cunda o pánico e a xente siga tendo fe no sistema, evitar como sexa que haxa un cambio social que poña en cuestión a orde establecida e o estúpido modelo de producción. Mala idea, canto máis se tarde en asumir a realidade, máis papeletas haberá para que ese cambio se consume mediante unha sanguenta revolta.
Por certo hai a hostia de liberais británicos, e non británicos, que non concordan con iso de brexit iliberal, para eles o iliberal é someterse a vontade estatista da UE, pero a min este pleito entre liberais sóplama tanto como os debates de telecinco.