![Muy Feliz :-D](./images/smilies/icon_e_biggrin.gif)
Que o símbolo da cruz dunha orde militar creada en Cáceres e con sé en Cuenca, parézache algo representativo da Galiza resúltame un pouco estrano. Poucas cousas debe haber no mundo máis españolas mucho españolas que a Orde de Santiago. A non ser, claro, que queiras expresar a indisoluble unidade galaico/española coa túa frase, pero creo que non é o caso.
Xa temos algo de urticaria (coma diría Paco Vázquez) ca coroa no escudo, non quero nin pensar do que diríamos dunha orde relixioso/militar.
Pero non vou ser eu quen che quite a ilusión, estas resignificacións tipo decimonónicas seméllanme un tanto infantís (polo que teñen de xogo e inutilidade práctica ou histórica, non o digo con mal sentido) pero o final gústanme moito as narrativas e mitificacións creadas arredor delas. O final todo é invención dalguén e depende do punto de vista.
Respecto o Galicia Gaiteira, alguén sabe cando volven abrir? Porque levan co bar pechado dende a semana pasada pero non hai cartel ningún de cando voltan de vacacións nin nada.