Aínda andamos así?.
Os topónimos de grandes poboacións ou comunidades de uso frecuentes, tenden de xeito natural a integrarse no nosa lingua, sexa esta galego, castelán ou calquera outra, por iso Londres dise de moitas maneiras diferentes nunha chea de linguas.
Pola contra os topónimos menores que son empregados esporádicamente non son adaptados a nosa lingua, cando isto pasa é por razóns ideolóxicas. Dise Sangenjo como forma de dominacion, importa pouco que quedes como un pobre imbecil, o caso é demostrar quen manda, e aí temos a wiki en castelan facendo o ridículo en pleno 2022 co apoio da RAE, unha institucion máis política que científica e que en si mesma é unha xigantesca Marca España.
Cataluña creo que é un caso de toponimo grande, e con isto non digo que non haxa moitos españois que marquen teritorio a golpe de ñ, pero non creo que este sexa a intención da maioría dos que escrebemos Cataluña.
Logo está o tema da grafía, en castelan e en galego non empregamos o ny, en galego poderíamos usar o nh, pero escollemos o ñ, e non creo que pase nada por usalo como equivalente do ny, como tampouco pasaría nada se mudaramos a norma e pasasemos a empregar en GZ o nh.
Eu estou en contra do uso de Xetafe, teóricamente isto faise porque en galego non temos xeito de reproducir os fonemas ge da lingua castelá, pero isto é mentira, polo menos para a metade dos galegos que viven en zonas con gheada, eu creo que o lóxico seria escreber Ghetafe que é o máis semellante que temos o topónimo en castelán, pero para iso habería que oficializar a gheada na escrita, cousa que incriblemente non sucedeu, nin ten pinta de.que suceda.