Suiza seica non ten mar, importar gas de Qatar implica pagar unha peaxe a un terceiro Estado, que obrigatoriamente sería Francia ou Italia, ningún dos dous se caracteriza por ter unha gran capacidade de recepción de gas licuado, a diferencia de España, ademais de ser unha opción cara de base, o traslado en barco é moitisimo máis caro que polo tubo, habería que ver se Francia e Italia teñen capacidade para descargar máis gas do que eles mesmos precisan. Arxelia, a Rusia da Europa do sur tamén mostra síntomas de esgotamento:HotShot escribió: ↑Miércoles 20 de Octubre de 2021, 6:09A Suiza siempre le quedará el importar gas de Qatar(poseen una gran tecnología para ello).
De todas formas dudo que Rusia no disponga de "energía" para exportar, de hecho es uno de sus productos "estrella" pues los hidrocarburos representan más del 50% de las exportaciones de dicho país. Por otra parte los alemanes, que no pierden una oportunidad, no creo que hagan ascos a una jugosa comisión.
Ya digo que Suiza no tendrá problema en obtener aquello que se pueda comprar con dinero, sólo hay que ver la tabla de "superavit" por lo menos a lo largo de los últimos 18/19 años.
Por lo tanto si Suiza ofrece una mejor oferta por metro cúbico o Kwh que otros países... estaría hecho; la verdad es que Suiza no nos debería de preocupar "tanto" en dicha cuestión.
De feito Arxelia fai unhas semanas cortou o suministro polo gaseoduto que chega a España pasando por Marrocos, para evitar o pago da peaxe en especie os marroquíes ( o mesmiño que o Nordstream ruso- alemá que fai unha caneo a Ucraína, Polonia, Eslovaquia e Chequia, estados que agora van ter pagar moito máis polo gas, e que o van pasar mal este inverno), por certo está acción está tensionando moito as relacións entre os dous Estados africanos, pese a deixar os marroquíes sen gas veremos se Arxelia é quen de manter os seus compromisos con Europa, se non é capaz Francia e Itaia terán que importar gas mediante barcos, ocupando por completo as súas pobres instalacións, facendo imposible que terceiros Estados as poidan usar.
Ademais Suiza emprega o gas para quentar as casas, apenas produce electricidade con el, Suiza emprega fundamentalmente as hidroeléctricas para ter electricidade, nos momentos de picos de consumo vese na obriga de importar electricidade, enerxía producida en Alemaña con gas ruso, e por Francia cas atómicas, o problema é que si o pico de consumo fose provocado por unha vaga de frío que afectase a gran parte do continente, é bastante posible que non exista a capacidade de satisfacer toda a demanda, e nin Francia , nin Alemaña van vender enerxía a Suiza se iso implica deixar en bolas os seus propios cidadáns. Importa pouco a capacidade de compra dos suizos, é un problema de recursos, non se pode mercar o que non existe, apenas hai reservas de gas en Europa occidental , e iso débese a que o gas leva tempo estando caro, e é caro porque cada vez hai menos e custa máis sacalo da terra, ante este panorama as enerxéticas decidiron mercar menos gas, esperando que o seu prezo baixara por arte de maxia, cousa que evidentemente non sucedeu, máis ben todo o contrario, como era bastante previsible o efecto rebote despois do confinamento fixo aumentar a demanda de xeito vertixinoso, o que a súa vez aumentou aínda máis os prezos, e o que queda... entón atopámonos cos depósitos a medio encher mentres winter is coming.
Chegados a este punto non é mala cousa ir preparando a cidadanía para o racionamento, que é o que están facendo Alemaña, Suíza, Austria, España non porque pensa que co vento a choiva e os bos desexos é suficiente para manter o suministro, veremos. É posible que non fagan falla, pero non está demais ir preparándose. Eu penso que en momentos puntuais vaise ter que dar a off a gran industria europea, por agora a nivel local a Megasa de Narón vai producir só de noite e os findes, https://enfoques.gal/ferrolterra/naron/ ... e-el-dia/e isto non fixo máis que empezar.