Edinho escribió: ↑Domingo 18 de Julio de 2021, 20:29
Pero para el significado que quiere ponerla si. Y es una estupidez porque repito, me apuesto 100 mil millones de euros a que la razón de esta propuesta es porque la palabra patria la recuerda a la palabra patriarcado. Ya que la palabra patria es femenina. Es la patria y no el patria.
E estaría no certo, patria é patriarcado están intimamente ligadas, polo menos etimoloxicamente falando, e non hai que ser un experto filólogo para chegar a esa conclusión.
O significado etimolóxico de patria é "algo" relativo o pai, ou antepasados por liña paterna. Basicamente ese "algo" era un anaco de terra ca súa facenda e apeiros, que posuía sempre un "pater", un pai. Despois o termo evolucionou e pasou ser a terra dos "paters" , dos devanceiros, que por suposto pasaba sempre de pai a fillo, xamais as fillas, para finalmente converterse na terra da orixe, país, nación... dunha persoa.
Patriarca, etimoloxicamente é o home da familia que posúe toda a autoridade sobre aquela primeira propiedade, o puto amo da patria.
O uso do termo matria no nacionalismo galego é algo relativamente normal, fai máis dunha década que se iniciou a campaña para que o 25 de xullo pase a ser o día da matria, campaña que continúa xa que o termo non está totalmente arraigado , nin moito menos, iso si, aquí non hai tanta polémica como en España.
Se finalmente España pasa a ser matria, cousa que dubido bastante, éme indiferente, en todo caso sentireime como Suso Vaamonde.