Imos por partes.
Cantas portadas de CH foron censuradas polo Estado francés?.
Francia é un Estado laico, España non, e isto débese a influencia da igrexa católica en tódolos estamentos da sociedade española, é lóxico que unha revista satírica española lle de máis leña a Deus que a Alá, a isto hai que sumar que os acólitos de Alá son uns recen chegados por estas terras e uns auténticos pringados os que non fai tanta graza putealos, En Francia a presenza do Islam ten moito máis peso e historia que en España.
Por outra parte CH fai humor co que lle da a gaña desde unha óptica de esquerdas, de esquerda progre francesa concretamente, non se meten moito co verdadeiro poder, risen dos crentes de todas as relixións, van de politicamente incorrectos pero non deixan de ser uns mandadiños, como non podía ser doutro xeito dunha revista dirixida por antigos troskos, aínda que agora parece estar dirixida máis ben por fans de Marine Le Pen, aínda que esa é a evolución lóxica de gran parte da troskollada. Lástima de piolet.
Humor para racistas sen complexos que a min non me fai puta graza.