Isto si vai ser un problema demográfico de verdade.
Los más analógicos sobrevivirán al apagón
https://elpais.com/elpais/2019/07/09/id ... 48278.html
Vaia por diante que eu non vexo posible ese ciberarmaxedón, ese ataque militar ou terrorista ao complexo dixital do que fala a autora, eu son máis pesimista, eu coido que o sistema xa está colapsando por tramos , moi pouco a pouco, e en moi diferentes xeografías por desnutrición enerxética, por falta de inversións necesarias que modernicen os equipos, por pura idiocia das elites que gastan os recursos en chorradas, e por un desclasamento xeralizado entre a masa que non fai absolutamente nada por evitar todo isto, máis que nada porque non ten nin puta idea do que está acontecendo, esta demasiado distraida precisamente con unha serie de artefactos que son insostibles no tempo, vai ser gracioso cando non funcione o telefono. En realidade non fai falla que nos ataque ninguén, xa nos escarallamos sos.
Cando falo de que a hiperespecilización do ser humano , indiscutible avance civilizatrorio para a maioría, cousa que é certa, chegará a ser un obstaculo para a propia supervivencia dos ser humano, cando digo que un enxeñeiro informático será menos resilente no novo e inevitable escenario que termos por diante, que o seu avó case sen estudos e criado no agro, refirome exactamente ao que narra o artigo.
Por iso eu defendo crear sociedades sinxelas, Estados pequenos xeográfica e demográficamente, pero grande en canto a xestión colectiva dos recursos, con densidades de poboación mediomabientalmente asumibles, desglobalizados, desconexión financieira do gran capital a miles de kms, acabar ca dependencia da banca privada, potenciar que xente saiba facer moitas cousas, para iso é bo ter inmigrantes de outras terras, facilitar que o sector primario sexa moi forte, frear o crecemento das cidades, das infraestructuras viarias destinadas aos vehiculos particulares, invertir un mazo de pasta en ciencia, pero sempre enfocada ao ben colectivo, non a creación de capital curtopracista... defendo facer todo isto polas boas, porque ao final vai ter que ser así por collóns, se imos polas malas, chegaremos ao mesmo punto, pero menos densamente poboados.
Paréceme significativo que un medio xeralista, o maior xornal do Estado español, publique un artigo coma este, isto sería impensable fai unha década.