Home, CocaCela. O Fabril a tempada pasada, acabado de ascender, conseguiu a permanencia con moito traballo pero este ano non se mantivo a duras penas fóra do descenso en ningún momento e dende o primeiro partido viuse que o equipo rendía ben. Óscar e Manuel Pablo teñen uns números semellantes, algo mellores os de Manuel Pablo e ademais sostidos en 2/3 da competición. Ata o propio Manuel Pablo falaba de continuidade cando subiu. Óscar sube despois da xornada 9 con 4V, 1E, 4D (44.4%V, 11.1%E, 44.4%D), sendo as derrotas contra Pontevedra, Numancia, Ávila e Marino, todas fóra e case seguidas menos a da primeira xornada contra o Ávila en Abegondo nun partido onde tranquilamente puido gañar. Manuel Pablo fai (quitando a xornada 10, que a dirixe Lagar e gaña 1-0 diante do Guijuelo) 11V, 5E, 8D (45.8%V, 20.8%E, 33.3%D) en 24 xornadas. Tendo en conta que as primeiras semanas cun equipo con tantos trocos sempre hai que combinar ben todo, que se trata dun filial e que Manuel Pablo colle un equipo que non fixo el e chántalle de primeiras un 0-2 ó Avilés na súa casa, paréceme que os dous teñen bos números e moito mérito. Ata lle dou un plus de mérito a Manuel Pablo, do que moitos din que non vale, que aí ten o equipo en Playoff coa cantidade de malabarismos que tivo que facer.
Eu tampouco estiven de acordo en que botaran a Imanol tan cedo (aínda que visto o visto, acertaron) pero a este home hai que recoñecerlle, como mínimo, que, como di Deportivista_Ou, os números son os que son e quero supoñer que era o que se lle pedía cando colleu o equipo en descenso. Outra cousa sería ter uns irresponsables ó mando.
"Óscar, mira. Estamos en descenso, vai case un terzo da tempada e ímoste subir para que xogues tiki taka" 
Que non lles gusta isto ou aquelo? Moi ben. E nin sequera teñen por que querer renovar alguén por moitos número que faga. É a súa decisión e a súa responsabilidade. A min paréceme moi ben (se é certo o que me comentaron) que o patrón queira Playoff pero, se queres ter máis posibilidades, fai as cousas con xeito, acerta nas decisións e ten algo de paciencia. E se non acertas, como digo, a responsabilidade é túa. Igualmente, polo de agora é un pouco falar por falar, que igual renovan todos e nós toleando aquí
