Adriana Ranera

Comenta sobre la plantilla y el cuerpo técnico del R.C. Deportivo Femenino A y B
Avatar de Usuario
Fisterrán
[Mod] · Deportivista ·
Mensajes: 6195
Registrado: Jueves 11 de Marzo de 2010, 21:14
Ubicación: Elviña

Adriana Ranera

Mensaje por Fisterrán » Miércoles 12 de Agosto de 2026, 0:45

ADRIANA RANERA

Imagen

Nome: Adriana Ranera Casanovas
Nacemento: Sant Cugat del Vallès, Barcelona, 7 de xullo de 2005
Altura:
Peso:
Demarcación: Central
Dorsal:
Fin de contrato: 30/06/2027
Internacional: España categorías inferiores
Traxectoria:
  • 2025/2026
    • FC Barcelona (1ª División)
  • 2026/2027
    • RC Deportivo (1ª División)
Descrición: Adriana Ranera Casanovas (Sant Cugat del Vallès, Barcelona, 7 de xullo de 2005) chega procedente do vixente campión de Europa, onde a pasada tempada deu un importante paso no seu crecemento ao participar en 9 partidos oficiais co primeiro equipo azulgrana.

Ranera debutou co conxunto culé nun encontro da Copa de la Reina fronte ao Deportivo Alavés e, ao longo da campaña, entrou con regularidade nas convocatorias tanto da Liga F como da UEFA Women's Champions League, acumulando experiencia no máximo nivel do fútbol feminino.

Ademais da súa progresión no primeiro equipo, a nova futbolista blanquiazul foi unha peza importante do FC Barcelona B, do que exerceu como capitá e co que conquistou o título de Primeira Federación Iberdrola.

No plano internacional, Adriana Ranera foi unha habitual nas categorías inferiores da selección española, coa que competiu en todas as etapas formativas e proclamouse campioa de Europa sub-19.

Formada desde os 6 anos no Junior de Sant Cugat, a nova defensa blanquiazul continuou a súa progresión no Damm CF antes de incorporarse á canteira do FC Barcelona en 2020.

Coa súa chegada, o Dépor ABANCA reforza a súa liña defensiva cunha futbolista nova, de gran proxección e con experiencia tanto na elite do fútbol español como en competicións internacionais.

Responder

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 1 invitado