Adrao escribió: ↑Lunes 11 de Octubre de 2021, 15:43
Mejores que Francia no fuimos, tampoco hay que fliparse, pero tampoco inferiores y eso hay que valorarlo muy positivamente.
Lo que también hay que analizar es por qué el mayor peligro de Francia se generó por su banda izquierda y también el problema del gol, que sigue existiendo.
Só un fanático diría que España foi mellor que Francia, dicíao precisamente Cañizares, o partido estivo competidísimo pero hai que ser subxectivo para dicir que España foi mellor. Pero falemos de avatares e non sei que carallo.
Francia deu a impresión todo o rato de ter moito mellor equipo pero xogar moito peor en equipo. Anárquicos, esperando individualidades e como apáticos no campo, viuse na xogada que Mbappé colle o balón arriba e espera literalmente 30 segundos a que veña alguén a axudar. Pero iso valeulles para en 2 ou 3 xogadas chegar ata a cociña con perigo, é o que teñen, calidade e músculo, que non é pouco.
España a min sorprendeume que competisen tan ben, sobre todo na final, porque en semis, e obviamente é suposición, creo que 11 vs 11 non pasaban contra Italia.
E sorprende, porque quitando o medio do campo non hai ningún xogador que digas, joder, crack mundial.
Porteria normal de todo.
Defensa normal tirando a mediocre.
Mediocampo bo
Bo ataque pero sen ter un megacrack que marque as diferencias.
E ainda así fixeron fronte e ben contra Francia.