A nosa primeira media hora foi bastante lamentable, ante unha boa presión, tampouco é que fose asfixiante, tivemos moitas dificultades para sacar a bola, sen Barcia nótase aínda máis os nosos problemas para xogar desde atrás.
Cando íamos perdendo o noso xogo era lento, sen imaxinación, o porteiro tocaba a bola máis que os mediocrentros, todo era previsible.
Por certo, Leite pese ir palmando tiña unha parsimonia desesperante.
O remate de Barbero de cabeza foi de coña ( logo xogou moi ben).
Non defendemos ben, os nosos veteranos laterais van xustos fisicamente, teñen calidade pero pésalles o cu, os dous foron cambiados con acerto.
Os centrais perderon varios duelos, certo é que os rivais tiveron certa fortuna , pero hai que ser máis contundente.
Mfulu bastante ben, pero si o seu xogo consiste en roubar e dar un pase de 5 m cara atrás ou en paralelo, debería recuperar aínda máis balóns dos que recupera.
Villares aporta pouco ofensivamente, pese o gol, non se asocia ben, con un trivotazo e tendo liberdade para correr cara adiante iríalle mellor, pero ese sistema non encaixa ben co que temos diante.
Yeremai perdeu balóns estúpidos no medio campo, as veces fixéronlle falta e non se pitou, pero non podes carretar tanto e expoñerte a perdela en sitios perigosos.
E con isto remato o meu resumo rosmón.

De Mella non podo dicir nada malo, onte foi hostia.