Mensaje
por krnicero » Jueves 20 de Octubre de 2022, 14:55
Vista "La Maldición de Hill House", pensaba que ía ser unha merda pero lin por aí críticas de que estaba ben e, vaia, sorprendeume para ben. Non me parece unha serie de terror, iso si. E o final é moi bonito. O que non me gustou foi como os personaxes afrontan a morte. Non vou facer spoiler pero, vaia, as reaccións no capítulo 6 ou no último parécenme moi pouco naturais. Igual é que por aí toman esas cousas doutro xeito.
Agora comecei Kobra Kai, que non me apetecía nada sabendo que non son nada fan de Karate Kid, e, carallo, entre o entretida e o curta que é, pasan os capítulos coma pipas.
Por certo, lin onte que Netflix vai eliminar as contas compartidas fóra dun mesmo fogar a partir do ano que vén. Vaia, que só pode haber varios dispositivos vendo Netflix se o fan dende a mesma IP pública (supostamente, a casa do titular). Se se quere ver dende outro sitio, por exemplo, durante unha viaxe, o titular ten que "autorizalo". Non sei moi ben como van facer para controlar eses "autorizados". Supoño que porán un tempo máximo ou eu que sei. Pola contra, engaden unha opción máis barata e con anuncios (6€/mes, imaxino que calidade básica) e disque van ofrecer unha plataforma de xoguiños para que se poida xogar dende a tele e tal. Unha merda.