Traio isto para aquí para non entorpecer o gerracivilismo do fío de política. lol
TELC0NTAR escribió: ↑Martes 04 de Mayo de 2021, 16:12
roped escribió: ↑Martes 04 de Mayo de 2021, 15:24
TELC0NTAR escribió: ↑Martes 04 de Mayo de 2021, 14:51
@roped no
Lo de triplicar el consumo eléctrico lo decía a nivel global, no todos somos tan españoles como tú pensando solo en tu patria querida
Y tampoco me he puesto a buscar los primeros resultados de Google para poner aquí un batiburrillo y dármelas de experto, lo decía de oídas.
En cuanto a lo de la TRE tu vuelves con las civilizaciones, pero es que el hidrógeno no es una fuente de energía, es solo una forma de almacenarla, y en ese sentido mientras la TRE sea mayor a uno ya vale.
Yo si tengo una flota de barcos y me dices que con depósitos de hidrógeno y una estación de recarga, ya sea solar, mareomotriz, nuclear o por el poder del amor, lo único que me interesa es la rentabilidad, y cuando suba el precio de los combustibles fósiles no quedará otra.
O H2 é unha forma ineficiente de almacenar enerxía máis ben.
Se tes unha frota de barcos é o custe enerxético de mantelos operativos provoca que teñas que elevar o prezo ata o punto que o escravismo do terceiro mundo do que ti, cos teus barcos, es nexo de unión co primeiro mundo deixa de ser rendible , e terás que pechar a túa navieira. E así sucederá con todos e cada un dos sectores altamente dependentes da enerxía, unha TRE por baixo de 5 fai imposible a civilización industrial global, os circuítos comerciais acurtaranse e consecuentemente o acceso a materias primas e mercados limitárase moito, tendendo cara unha economía local máis achegada ao século XIX que a de finais do XX e principios do XXI.
Todo isto non é necesariamente malo, o problema gordo vai estar cando haxa que escoller entre unha nova planta de H2 ou manter abertos os hospitais públicos.
Que pesado con las civilizaciones.
Yo no me he ido muy lejos, pero según wikipedia la TRE de las renovables es mejor a día de hoy que la del petróleo, si con tus propios datos, somos capaces de almacenar en forma de hidrogeno el 30% de esa energía, pues ya estaríamos, sin ningún coste energético mas alto que el actual, lo único que está impidiéndolo básicamente es que ya tenemos toda la infraestructura montada para los combustibles fósiles, y cambiar una por otra requiere una inversión que ahora no toca.
Ya te digo que en ese futuro de bicicletas y trenes, lo que te falta son miles, o cientos de miles de fuentes de energía, los paises con muchas cataratas como los escandinavos tendrán muchas centrales hidroeléctricas, en Holanda tendrán muchos molinos, en Francia muchas nucleares
, y en España pues lo que los oligarcas decidan, yo que se, un poco de todo, a día de hoy a las empresas les cunde mucho mas tener grandes centrales eléctricas, y un cableado con perdidas por todas partes, pero dentro de 20 o 30 años cuando eso no sea tan rentable igual les interesa tener muchos miles de pequeñas plantas productoras repartidas por todas partes.
Pero como no hay coche eléctrico para tanta gente, pues trenes, camiones, autobuses y barcos a hidrogeno, los ricos con coches y motos eléctricas y el resto en bicicleta.
Non, a TRE das renovables non é mellor que a do petróleo, por desgraza. Polo menos así en conxunto, unha presa hidroeléctrica si a ten, unha planta solar non.
As renovables polo de agora e quizais sexa así para moito tempo, non se poden disasociar das enerxías fósiles, en realidade son enerxías fósiles transmutadas en infraestruturas que son quen de aproveitar recursos enerxéticos renovables, dito de outro xeito, para producir e manter millóns de paneis solares , turbinas eólicas, presas, hidroxeneiras... hai que queimar a hostia de carbón , petróleo e gas.
Esa queima de fósiles en moitos caso non é contemplada no cálculo da TRE das renovables, primeiro porque é dificil de calcular, e segundo porque deste xeito facilítase que a xente se faga trampas o solitario.
Realmente non sabemos a canto ascende a TRE das renovables, hai cálculos para tódolos gostos, pero empregando o sentido común podemos chegar a conclusión de que é bastante máis baixa do que oficialmente comunica a Axencia Internacional da Enerxía.
Pese a estar falando de estimacións compre salientar que a nosa civilización, a nosa economía se prefires, esta asentada sobre un sistema de produción - consumo enerxético cunha TRE de entre 10 e 25, é dicir ti invirtes 1 e sacas entre 10 e 25, xa sei, o cálculo non é o máis exacto do mundo, hai moitas variables e isto non é precisamente serio nin científico, pero ti estásme dicindo que non hai problema se pasamos de gañar 9 ou 24 , a gañar 1/3, e eu coido que si hai problema, e moi gordo ademais.
Ter unha TRE de 1,5, 2 ou 3 significa que perderemos fluxo de enerxía, para sustituir toda esa enerxía que proporciona o petroleo o sistema de transportes teríamos que crear unha infraestructura xigantesca e moi complexa , xa que a súa eficiencia é moi pequena e ademais a súa produción e almacenamento non está exenta de perigos, habería que aumentar a potencia instalada ata unhas proporcións dificilmente cuantificables.
Non teño os coñecementos para dicir se esa revolución enerxética é factible a nivel técnico, pode que teoricamente si o sexa, polo que leo non é doada, pero é que o sistema económico mundial, o que vai pagar a factura desa instalación, está baseado no hiperconsumo de produtos baratos que percorren o mundo enteiro, o sistema precisa de un continuo fluxo de enerxía que escomeza a escasear, precisamente por iso se pretende facer a revolución enerxética, é a pescadiña que se morde a cola, precisamos moita enerxía e barata, como temos problemas de suministro, problemas que van ir a máis, imaxinamos un novo sistema baseado en parte no H2, pero a posta en marcha de ese novo e imaxinativo sistema enerxético precisa de enormes cantidades de enerxía e de pasta, porque hai que facer unhas instalacións colosais debido a que ten unha potencia de merda, unha TRE baixa, chegados a ese punto haberá que escoller entre manter o tecido produtivo ou os servizos públicos esenciais, xa que non haberá enerxía para todo o mesmo tempo.
Un pequeno adianto do que vai acontecer que está de plan actualidade, para pagar o préstamo procedente de Europa que vai ser gastado en gran parte en iniciativas industriais impulsadas polo gran capital, entre elas a industria do H2 por parte das grandes empresas enerxéticas, imos ter que pagar por circular por autovías.
Isto é so o principio, a reconversión enerxética do actual sistema económico significará o sufrimento de moitas persoas, no terceiro mundo por descontado, pero iso quedou bastante claro que nos dá igual, pero tamén vai afectar a occidente, creando conflitos moi graves, veremos como remata a cousa.
Eu defendo que o sistema económico baseado no hiperconsumo de produtos e enerxía é insostible a nivel ecolóxico e social, polo que hai que facer plans de aforro de enerxía, hai que decrecer, hai que reducir drásticamente os kms percorridos polas mercadorías, e deixarse de substitucións pouco realistas de fontes de enerxía, intentos destinados o fracaso que van ter un custe social inmenso e que paradoxicamente derivarán obrigatoriamente tamén en decrecemento, a diferencia é que eu quero planificar o decrecemento para que sexa socialmente xusto, mentres que o New Green Deal, co H2 a cabeza, é unha proposta de flipados que queren seguir vivindo como no século XX e evitar que as elites decrezan, pasándonos o morto os demais, cousa que en principio acadarán, pero arríscanse a que occidente sexa como a Colombia destes días.