Economía

Cine, series, música, ciencia, lengua... y también de política
Avatar de Usuario
waccamole
· Forero Experto ·
Mensajes: 1087
Registrado: Lunes 28 de Mayo de 2018, 21:17

Re: Economía

Mensaje por waccamole » Jueves 10 de Octubre de 2019, 10:44

Saco o tema, porque polo meu curro diría que dende xaneiro deste 2019, non fago máis que ver como as empresas coas que traballo, comezan a facturar lixeiramente menos. Notoo sobre todo as empresas que dependen do ciclo económico, como construcción, industria, restauración... A estas alturas do ano, esta lixeira baixada de ventas, xa se convirteu en demasiadas empresas en unha "caida pronunciada" das ventas con respecto ao ano pasado, co que moitos empresarios, con empresas que ata agora tiñan unha boa solvencia, estan vendo como esta baixada de ventas fai que empecen a ter problemas para pagarlle aos seus proveedores, acreedores, traballadores e bancos.

Diría que ao igual que no 2007, ata fai 4 días, e entre outros, polos tipos de intereses dos cartos, a banca estaba coma tola e repartía cartos por un tuvo, co que as empresas están polo xeral demasiado endeudadas. O peor de todo, e que parece que os bancos empezan a ver a que se lles ven encima, pero esta vez, e ao contrario que en 2007, están mellor preparados e non teñen tanta necesidade de impedir que as empresas vaian ao tacho.

En fin, que non sei se esto ten algo que ver con EE.UU. pero polo que vexo día a día, diría que estamos a meternos en unha situación que nos vai reventar de cheo na cara e da que non sei se alguna vez se poderá sair.

Ramis
· Maestro Forero ·
Mensajes: 1265
Registrado: Lunes 05 de Junio de 2017, 9:05

Re: Economía

Mensaje por Ramis » Jueves 10 de Octubre de 2019, 11:47

Pois mira, non sei de que traballarás pero, eso que dis, case que palabra por palabra o que dixen antes da amiga da miña nai.
Agora teño mais medo.

Paradóxicamente vexo agora ofertas de traballo mellor pagadas en enxañaría, pero teño a convicción de que tamén é porque a crise axexa e están varias compañías en serio risco de meterse un hostión.

Avatar de Usuario
roped
· Sedicioso ·
Mensajes: 11961
Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 9:35

Re: Economía

Mensaje por roped » Jueves 10 de Octubre de 2019, 12:03

Aquí un artigo de un neokeynesiano que fala do tema desde a óptica de USA, pero tamén fala de España.

https://economistasfrentealacrisis.com/ ... rgumentos/

Concordo en parte, aínda que non remata de discernir a causa última pola cal os neoliberais gañan e foron quen de implementar as súas políticas, non é porque sexan malvados, ou cando menos non é a causa principal, o certo é que o recetario neoliberal, roubar as clases populares, é o único xeito de manter taxas de beneficios empresariais cando as materias primas inician o seu declive, isto conleva unha chea de problemas engadidos, e a longo prazo é moi mala idea, pero é o que hai, a xente seguirá facendo exactamente o mesmo ata o estoupido final.

A solución que aporta, gasto público a esgalla para animar o sector privado tampouco me convence, de onde non hai non se pode sacar, é como tentar reanimar un corpo que está cerebralmente morto.

Avatar de Usuario
roped
· Sedicioso ·
Mensajes: 11961
Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 9:35

Re: Economía

Mensaje por roped » Martes 15 de Octubre de 2019, 11:04

Ecuador
Brexit "a lo loco"
Turcos contra kurdos
Hong Kong
Catalunya
Chalecos amarelos en Francia
A ultradereita medrando en todo occidente.
Iemen
Ataques en Arabia Saudí
Irán
Qatar isolado
Venezuela
Guerras comerciais entre todas as potencias comerciais.
Arxentina quebrada, pese o bo tino do seu governo neoliberal.
Amazonas escarallado convertido en un solar con unha chea de oportunidades para o gran capital
E o que non sabemos

Se isto non é un colapso civilizatorio non sei como carallo chamarlle.

Avatar de Usuario
Tristan
[Mod] • Idiakecista •
Mensajes: 4862
Registrado: Domingo 27 de Abril de 2014, 18:26

Re: Economía

Mensaje por Tristan » Martes 15 de Octubre de 2019, 20:27

Que Argentina ha tenido un gobierno neoliberal es lo más chistoso que he leído en mucho tiempo.

xoichu
· Dios de la lluvia ·
Mensajes: 3593
Registrado: Martes 07 de Agosto de 2012, 19:35
Ubicación: Ekaterimburgo

Re: Economía

Mensaje por xoichu » Martes 15 de Octubre de 2019, 23:47

roped escribió:
Jueves 10 de Octubre de 2019, 12:03
Aquí un artigo de un neokeynesiano que fala do tema desde a óptica de USA, pero tamén fala de España.

https://economistasfrentealacrisis.com/ ... rgumentos/

Concordo en parte, aínda que non remata de discernir a causa última pola cal os neoliberais gañan e foron quen de implementar as súas políticas, non é porque sexan malvados, ou cando menos non é a causa principal, o certo é que o recetario neoliberal, roubar as clases populares, é o único xeito de manter taxas de beneficios empresariais cando as materias primas inician o seu declive, isto conleva unha chea de problemas engadidos, e a longo prazo é moi mala idea, pero é o que hai, a xente seguirá facendo exactamente o mesmo ata o estoupido final.

A solución que aporta, gasto público a esgalla para animar o sector privado tampouco me convence, de onde non hai non se pode sacar, é como tentar reanimar un corpo que está cerebralmente morto.
De todolos xeitos e un mecanismo que funciona Keynnes era moi listo de Dios. Poucos economistas son capaces de chegar o seu intelecto pero está claro que se os recursos se esgotan nada podería deter o declive, eu ainda así teño unha pequena esperanza de que os avances científicos en tecnoloxia palíen os efectos do agotamente, así como a conciencia que pouco a pouco vai facendo mella nas conductas dos cidadáns. Hai un fenómeno a ter en conta en todo isto o aleteo da volvoreta da teoria do caos pode aplicarse tamén nos pequenos cambios para ben que hai no mundo. Por exemplo a plantacion de arbores nas cidades. A crise económica en España tampouco é moi valorable. España é un Estado que tal e como está organizado inevitablemente conducira a bancarrota ainda que non haxa crise no resto do mundo.

Avatar de Usuario
roped
· Sedicioso ·
Mensajes: 11961
Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 9:35

Re: Economía

Mensaje por roped » Miércoles 16 de Octubre de 2019, 10:22

Keynes foi un capitalista que deu unha receita para sair dunha crise de fai case 100 anos en un mundo moi , moi diferente. Perante unha caída da demanda provocado polos ciclos naturais da economía, el defendía que o Estado dopase esa demanda a base de débeda para seguir vendendo coches e casas, deste xeito reanimaríase a económica, é puro crecentismo, aposta por endebédarse para poder seguir produciendo e vendendo, para seguir crecendo en un futuro, e iso con un mundo de 2000 millóns de persoas , e con economías pequenas, pero con Imperios ao seu servizo, funcionaba, agora moito me temos que esa sinxela receita vale de pouco.

En realidade o liberalismo e o Keynesianismo buscan o mesmo, crecemento económico, so se diferencia en como solventar a papeleta cando veñen mal dadas, os liberais son darwinistas, que sufran, e a poder se extingan, os menos aptos, soltando ese lastre o resto mellorará, unha putada, que lle imos facer, haber estudado... os keynesianistas teñen un rostro máis humano e pretenden salvarnos a todos, a todos os occidentais claro, Keynes foi funcionario Imperial na India e non mostrou gran preocupación polos nativos, estudou iso si a súa economía para garantir a presenza do Imperio Británico en eses territorios por máis tempo. Segundo Keynes poñendo un fondo común poderemos salvarnos todos e finalmente mellorar, medrar, sen destruir tecido productivo, calquera das dúas solucións son dificilmente aplicables en un mundo como o actual onde as marxes de beneficio están determinadas por un límites físicos xa sobrepasados. Se pretendemos que a biosfera sexa compatible ca vida humana, estas marxes obrigatoriamente deben ser decrecentes, isto pon en entredito a lóxica do mercado finanacieiro, por iso gran parte dos capitalistas, sexan libeais ou keynesianos son negacionistas do cambio climático e da imparable extinción das materias primas, recoñecelo implicaría dicir en voz alta que o sistema económico actual é totalmente ineficiente e que estamos predestinados a un hostión épico. Porque prestar capital, ou endebedarnos creando diñeiro de mentira, cando sabemos que é moi improbable a devolución de ese mesmo capital , xa non digamos os xuros?, sen promesas de xugosos xuros o sistema construido en base a débeda non funciona, así que máis nos vale inventarnos outra cousa e deixar a Keynes descansar en paz.


A tecnoloxía non vai salvar a actual civilización industrial, hai que asumilo, aínda que hoxe a tardiña se dese ca chave da fusión nuclear tardaríamos moitas décadas en completar a transición enerxética, un periodo moi longo , vidas enteiras de persoas que terían que axustar a seu día a día a un escenario moi complexo e novo, cheo de incertezas aínda que non necesariamente peor, iso dependerá de nos.

España é un desastre, sempre o foi, aínda o é, un sistema inacabado capitaneado por imbeciles que empezou a colapsar ao mesmo tempo que se conformaba, mais a Peninsula Ibérica é un lugar privilexiado polas súas condicións ambientais, se logramos non matarnos deberíanos ir bastante mellor que a media do planeta.

xoichu
· Dios de la lluvia ·
Mensajes: 3593
Registrado: Martes 07 de Agosto de 2012, 19:35
Ubicación: Ekaterimburgo

Re: Economía

Mensaje por xoichu » Miércoles 16 de Octubre de 2019, 11:10

Xa o veremos. Eu flipo bastante coa ciencia e vexo que avanza máis do que eu mesmo podo imaxinar.

Avatar de Usuario
roped
· Sedicioso ·
Mensajes: 11961
Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 9:35

Re: Economía

Mensaje por roped » Miércoles 16 de Octubre de 2019, 12:59

A ciencia é tan fantástica que sírvenos para aseverar sen discusión posible, as mates sonche así de ditatoriais, que a ciencia non nos vai salvar. :lol:

Aporto charla recente, precisamente falando disto, desenvolveuse en Cataluña, en isto tamén van por diante, e foi dada por Pedro Prieto, un señor con bigote que leva as contas bastante ben, datos e realidades crúas, sen edulcorantes, é unha hora de chapa pero de visionado obrigatorio, xa non so para capitalistas que viven con un atraso de un século, sobre todo é recomendable para ecoloxetas benintencionados que non saben nin por onde lles da o vento.

https://www.youtube.com/watch?v=krNRWxL ... -NvY5v4QG0

Avatar de Usuario
roped
· Sedicioso ·
Mensajes: 11961
Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 9:35

Re: Economía

Mensaje por roped » Martes 22 de Octubre de 2019, 10:24

España tiene ya un millón de millonarios, cinco veces más que en 2010

https://www.infolibre.es/noti+cias/econ ... _1011.html

+


España recupera el PIB previo a la crisis tras una década perdida

https://www.elmundo.es/economia/macroec ... b463d.html

=

Informe sobre pobreza y exclusión social La pobreza severa crece en España: cuando la mejora económica no llega a todos

http://www.rtve.es/noticias/20191016/po ... 2127.shtml

pepegol75
· Forero Profesional ·
Mensajes: 448
Registrado: Martes 17 de Julio de 2012, 8:09

Re: Economía

Mensaje por pepegol75 » Sábado 02 de Noviembre de 2019, 23:18

Cada loco con su tema, que pesado es el coletas repitiendo una y otra vez las mismas mentiras.
https://www.eleconomista.es/empresas-fi ... bjQz1hVCDs

Avatar de Usuario
Tittyshev
· Trenista ·
Mensajes: 1146
Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 0:35

Re: Economía

Mensaje por Tittyshev » Domingo 03 de Noviembre de 2019, 5:10

É unha campaña de imaxe tan boa que a publicidade fanlla de gratix en todos lados. Politicos, foreiros de equipos decadentes, medios de cencia económica... e todo a cambio de nada, nin un mísero pantalón destes que che dura dúas lavadoras. Amancio é un xenio.

Avatar de Usuario
roped
· Sedicioso ·
Mensajes: 11961
Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 9:35

Re: Economía

Mensaje por roped » Domingo 03 de Noviembre de 2019, 10:56

Pode ser, pero eu grazas a esa campaña non merco nada do grupo Inditex.

Avatar de Usuario
Pablo1989
· Maestro Forero ·
Mensajes: 3821
Registrado: Miércoles 10 de Marzo de 2010, 15:13

Re: Economía

Mensaje por Pablo1989 » Domingo 03 de Noviembre de 2019, 16:56

Rezad los coruñeses porque Inditex jamás marche de ahí, porque la tremendísima hostia que se llevaría la economía de la ciudad duraría décadas.

Avatar de Usuario
Fisterrán
[Mod] · Deportivista ·
Mensajes: 15781
Registrado: Jueves 11 de Marzo de 2010, 21:14
Ubicación: Elviña

Re: Economía

Mensaje por Fisterrán » Domingo 03 de Noviembre de 2019, 18:00

Será por tendas de roupa.

Responder

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 17 invitados