astigmata escribió:Si en economía la solución no es imprimir más billetitos, en demografía no puede ser incrementar población permanentemente. Hay una losa generacional que envejece, y hasta que esa generación disminuya habrá problema par apagar las pensiones pero en el largo plazo una natalidad baja equilibrada con una mortalidad baja no supone ningún problema, al revés, permite una menor presión sobre los recursos.
Iso é certo a medias.
Primeiro, moitos países saen das crises devaluando a súa moeda, que ven sendo omesmo que darlle a impresora, España fixoo aínda non fai tanto, U.K. mantense a flote a base de aferrarse a libra, pero canto mercabas con unha libra dos 90? e canto mercas hoxe?, pero o gran paradigma de autofalsificación de divisas é USA, a Reserva Federtal enche de dolares o mundo, e quen lle poña reparos a operar con eles, por exemplo Irak ou Libia teñen certos problemiñas de chuvascos d ebombas, ou ameazan con telos, Irán, ou hai un mal rollo constante como pasa con Rusia e tocadura de collóns occidental en Ucraína, mesmo os socios como a UE que xa non aprezan os dolares coma antes, ultimamente teñen os seus mais e os seus menos co Imperio.
Na miña opinión sería máis correcto dicir,"si en un contexto finito , como é o noso planeta, solución económica non se pode basear en medrar permanentemente..." pero claro iso sería erexía.
Que a xente se faga maior é a palme ata o de agora non foi un problema, contrarrestouse con un xigantesco incremento da productividade dos traballadores, o chungo, e de aí a gran preocupación que algúns que vos embarga é que o crecemento da productividade é moito menos acusado, en España case nin medra, pero o longo do planeta a cousa pinta fea, e iso a que se debe?, pois a miña resposta xa a sabedes de sobra, o I+D+I está moi ben, as maquiniñas son caralludas, pero chupan enerxía e precisanse recursos para facelas, e non imos sobradosde ningunha delas , por iso pasa isto desde fai décadas:
Na gráfica vese a porcentaxe das rendas do traballo respecto a riqueza de cada un de eses Estados. Desde os 80 a cousa pinta fea, cae a URSS, e asentamento da ideoloxía neoliberal surxida como ferramenta para capear o temporal logo do crack do 73. A actividade económica convencional cae con respecto a economía financiera, de aí que as rendas de traballo mermén, e isto é así porque os ricos danse conta que producir cousas é un choio moi ingrato e arriscado, sobre todo se o fas en occidente seguindo as normas laborais sovietizantes, se piras para o terceiro mundo aínda ten un pase, os prezos das materias primas e enerxía oscilan demasiado para facer un bo negocio no primeiro mundo, é o que pasa con Alcoa, os ricos danse conta que é moito máis doado e rendible o negocio de prestamista, ou usureiro, como prefirades.
Os asalariados do primeiro mundo ven como os seus soldos non suben, hai que competir cos chineses, isto fai que teñan que pedir créditos aos ricos que xa non teñen que pagar tantos impostos desde que Reagan e a Thatcher colleron o timón, disque iso frea a creación de riqueza, os ricos non saben que facer cos cartos, e préstano, e ademais fano a calquera sen medir moi ben as consecuencias, e entón chegamos a ter sociedades sobrenedebedadas destinadas a pegarse un bo hostión ao menor contratempo, estamos medrando con diñeiro prestado, que non existe por aquilo da miragre do pan e dos peixes da reserva fraccionaria, pero que existirá, e irá a parar os petos dos prestamistas , será pagado polas xeracións vindeiras a custa dos seus dereitos sociais, en realidade esta é outra forma de darlle a maquiniña dos billetes.
O caso é que os ricos ven con preocupación que os seus actuais escravos non procreen novas xeracións de escravos, e aito súmaselle unha moda reaccionaria que non quere escravos exóticos ao seu servixo, quere escravos do país, o que da lugar a cousas tan simpáticas como o que esta ocorrendo en Hugría.
https://www.bbc.com/mundo/noticias-inte ... l-46601876
Un país que perdeu un millón de habitantes desde a caída do Imperio do mal soviético, e son 9, que perde o 1% da súa poboación cada dous anos!!!, do que escapan os traballadores máis cualificados, por iso teñen un paro do 3%, pretende obrigar os traballadores que quedan , a facer unha pila de horas extra, e xa se verá cando se pagan, porque o de subir os soldos e deixar pasar inmigrantes é de progres.
Que conste que os hungaros teñen o que merecen, levan votando ao seu VOX unha década, agora toca roelos.