Adrao escribió: ↑Domingo 21 de Enero de 2024, 16:38
@roped, en lo financiero no me tienes que vender nada, soy el primero que quiere que el dinero que se genera en Madrid se reparta por toda España.
Lo que es absurdo es no entender que siempre habrá focos de consumo que superen lo que pueden generar porque sus economías no se basan en el sector primario o secundario.
O problema é a escala, unha urbe pequena e mediana é moito máis doada de abastecer que unha metrópole.
As grandes metrópoles son antieconómicas, irracionais, e soamente son posibles mediante o expolio dos recursos dos demais territorios, pero tamén dos recursos públicos.
Non ten xeito permitir que Barcelona medre cando non teñen auga, non é lexitimo que Madrid siga medrando cando non ten enerxía, é inxusto socialmente que eses déficits se resolvan mediante xigantescas inversións públicas.
As cidades deben ter uns límites asociados a capacidade de carga do territorio que posúen o seu arredor, cando se sobrepasan eses límites e se recorre a importación de recursos de orixe afastado entramos en fase colonial, si se pagan eses recursos o seu xusto prezo as grandes urbes deixan de ser competitivas, por iso non se fai.
As grandes cidades son pouco resilentes o novo escenario provocado polo cambio climático e a falta de recursos, o intelixente sería facelas máis pequenas pouco a pouco, desmontar o urbanismo froito dun capitalismo ineficiente para evitar un colapso urbano como o acontecido trata caída do Imperio Romano.
Hai que facer que as cidades pequenas recuperen poboación, e reducir o tamaño de Madrid e Barcelona, pero tamén de outros lugares, as illas Canarias e Baleares están claramente superpoboadas, partes do Mediterráneo tamén, se non se fai polas boas sucederá polas malas, pero as grandes concentración de persoas altamente dependentes do petróleo para todo, sobre todo para comer, desaparecerán.