Página 53 de 61

Re: Ciencia

Publicado: Martes 25 de Mayo de 2021, 15:55
por roped
De feito o colapso da industria petroleira está facendo que haxa problemas de abastecemento de algúns tipos de plásticos, sería máis lóxico tender o reclicado de plásticos que a súa queima para obter un pouco de enerxía.

Re: Ciencia

Publicado: Domingo 02 de Enero de 2022, 0:53
por Fisterrán
Vaia ridículo


Re: Ciencia

Publicado: Domingo 02 de Enero de 2022, 1:07
por Adler84
Cagada de la Yoli… pero hay que seguir dogmas.

Re: Ciencia

Publicado: Domingo 02 de Enero de 2022, 1:28
por Fisterrán
E este que? :lol:


Re: Ciencia

Publicado: Domingo 02 de Enero de 2022, 2:05
por Adler84
Políticos facendo política. Se deixaran de facer o parvo e de tentar contentar ao que pensan que queren oír os seus votantes, mellor iría todo…

Re: Ciencia

Publicado: Domingo 02 de Enero de 2022, 10:09
por roped
Estades defendo a nuclear? , desde postulados científicos, ademais?, estaría encantado de ler as vosas razóns.

Re: Ciencia

Publicado: Domingo 02 de Enero de 2022, 11:51
por Adrao
roped escribió:
Domingo 02 de Enero de 2022, 10:09
Estades defendo a nuclear? , desde postulados científicos, ademais?, estaría encantado de ler as vosas razóns.
Desde la ciencia se puede defender la nuclear y también se puede atacar, sólo hacer falta definir desde que aspecto de la ciencia se quiere mirar.

Re: Ciencia

Publicado: Domingo 02 de Enero de 2022, 12:11
por roped
Vale, pois que alguén a defenda.

Re: Ciencia

Publicado: Domingo 02 de Enero de 2022, 17:33
por Edinho
roped escribió:
Domingo 02 de Enero de 2022, 12:11
Vale, pois que alguén a defenda.
El problema está que con las energías limpias no se consigue la energía necesaria ni son energías de rendimiento estable (no siempre hace viento, etc).

Re: Ciencia

Publicado: Domingo 02 de Enero de 2022, 17:44
por roped
Efectivamente ese é un problemón, pero estabamos falando da nuclear.

Re: Ciencia

Publicado: Domingo 02 de Enero de 2022, 18:03
por Edinho
roped escribió:
Domingo 02 de Enero de 2022, 17:44
Efectivamente ese é un problemón, pero estabamos falando da nuclear.
Pues hasta que eso se resuelva se tiene que buscar energías de rendimiento estable. Y la nuclear es una de ellas

Re: Ciencia

Publicado: Domingo 02 de Enero de 2022, 18:37
por Fisterrán

Re: Ciencia

Publicado: Domingo 02 de Enero de 2022, 19:09
por roped
Edinho escribió:
Domingo 02 de Enero de 2022, 18:03
roped escribió:
Domingo 02 de Enero de 2022, 17:44
Efectivamente ese é un problemón, pero estabamos falando da nuclear.
Pues hasta que eso se resuelva se tiene que buscar energías de rendimiento estable. Y la nuclear es una de ellas

A nuclear non é estable, obviando pequenos problemas como Chernovil, Fukushima, ou que carallo facer cos refugallos, esta é a gráfica da produción de uranio no mundo segundo a axencia internacional da enerxía.

Imagen

Os datos non estan moi actualizados, a xente non lle gusta falar das súas reservas de uranio, o que si se sabe é que o pico de extraccion de uranio foi nos primeiros 80, e que agora consumese máis do que se extrae, as nucleares do mundo van funcionando grazas a reserva de uranio militar, o de USA e a antiga URSS, de desmontar misiles intercontinentais falando claro, pero esa reserva chega para o 2040- 2050 o ritmo de consumo actual, se facemos máis nucleares acabarase antes, non creo que depender enerxéticamente do arsenal militar de USA e Rusia nos proporcione moita estabilidade.

Re: Ciencia

Publicado: Lunes 03 de Enero de 2022, 1:20
por Adler84
As centrais actuais non teñen nada que ver con Chernobil.

Os refugallos producidos son un problema menor comparado cos gases de efecto invernadoiro ou coa crisis enerxética. Incluso poderían ser empregados como subproductos.

Non sei se iso é como o peak oil fantasmagórico, pero no peor dos casos hai que tirar de algo mellor que os combustibels fósiles ata que mellore a eficiencia das renovábeis e que se de o acelerón na fisión.

As fontes enerxéticas van mudando, se nas malas nos da ata 2100, pois nin tan mal.

Negar a nuclear é unha postura anticientífica que por sorte cada vez atopa menos eco, quitando magufadas e posturas populistas de certos partidos políticos chupiprogreguays.

Re: Ciencia

Publicado: Lunes 03 de Enero de 2022, 11:49
por roped
Xa, teñen máis que ver con Fukushima.

Eu non diría que os refugallos son un problema menor cando a súa radiación dura decenas de miles de anos, e a única maneira de xestionalos é enterralos baixo toneladas de formigón, por certo no Estado español non existe un cemiterio de residuos nucleares de alta actividade, hai que exportalos, viaxar con toneladas de veleno radioaactivo, moi racional e lóxico todo. A reciclaxe dunha parte dos refugallos é posible tecnicamente, pero non se fai porque iso incrementa moitísimo os custes.

Peak oíl fantasmagórico? Pero se ata a axencia internacional da enerxía o recoñeceu!, pero si, a extracción de uranio tivo o seu pico en 1980, se te fixas na gráfica non se extrae suficiente uranio para a actual demanda, a papeleta solventase usando o uranio "militar", pero é posible que chegásemos xa o pico de produción de todolos uranios, en todo caso, sempre partindo da actual demanda, non temos uranio suficiente para chegar o 2100, nen sequera para chegar o 2050, como moito chegamos o 2040, e tendo en conta que construír unha central nuclear leva 10 anos de media, poríamonos a principios dos 30 , reducindo a súa vida a pleno rendemento unha década, cando unha central nuclear precisa 30 anos producindo enerxía, cos prezos medios actuais, para desquitar a inversión.

O enorme custo de construír unha central nuclear, xunto o envellecemento das centrais francesas é o motivo polo cal a comisión fai o ridículo categorizando a enerxía nuclear como verde, basicamente queren que o sector público pague a factura, quren fundirse os fondos next generation en facer nucleares, sen esa subvención a enerxía nuclear non é rendible, como non sería rendible se tivese que pagar un seguro de responsabilidade civil de verdade, xa que o tope a pagar pola aseguradora no caso de accidente son 1200 millóns, cifra que non chega nin o 2% dos danos causados no accidente de Fukushima.

Tampouco se contenpla no custe da nuclear o desmantelamento das centrais, factura que ascende a varios miles de millóns de euros por central.

Estamos perante un timo, as eléctricas sáelles a conta ter unha mega planta enerxética xestionada por moi poucos traballadores, basicamente porque reparten os custes entre todos, non así os beneficios.

Apostar pola nuclear é propio de economistas a soldo do capital, non de científicos, por certo a fisión é o que hai agora, o que levamos buscando desde fai 70 anos, sen moito éxito, é a fusión nuclear.