Mensaje
por roped » Lunes 02 de Junio de 2025, 14:38
Os ingleses non asumen que viven nun pais pobre en recursos que dista moito de ser o que foi, o cerne do maior Imperio da historia, viven instalados na nostalxia botándolle a culpa os de fora, primeiro foi a UE, piráronse pero a a cousa non mellorou, probablemente foi a peor, co agravante de que mudaron polacos e españois por nixerianos, paquis e bengalís, máis doadamente identificables para poder culpalos da súa propia incapacidade.
O seu sistema electoral de merda, onde o votante pode escoller un único candidato de entre os que se presentan, proclamándose gañador aquel que recibe o maior número de votos, pode dar lugar a maiorías absolutisimas, como a actual dos laboristas, con apenas o 33% dos votos. Non sería raro que a extrema dereita gañase, mesmo por maioría absoluta, a estratexia de Starmer é converterse nunha ultra dereita light para evitar a vitoria do facherio duro, mala idea, para que votar a uns imitadores sen credibilidade se podes votar a alguén auténtico?.
Un U.K. nas mans de Reform coincidente cunha Francia dominada polo Fronte Nacional pode ser o mellor xeito de ofrecer ao mundo unha nova versión da Guerra dos 100 anos, se non fora porque ían salpicar molaba velo, sobre todo ver como mandan a gran parte dos seus votantes a trincheiras , sería tronchante.