Se todo é cuestionable, absolutamente todo, podemos cuestionar mesmo que todo, absolutamente todo, sexa cuestionable, é dicir que exista a certeza de que todo sexa cuestionable refuta por si mesmo ese relativismo tan placenteiro co statu quo.the naked man escribió: ↑Jueves 14 de Noviembre de 2024, 11:17Estás partiendo de una premisa errónea, y es (leyendo tu mensaje anterior) que algo puede ser "incuestionable" a nivel científico.
Era incuestionable que el sol giraba alrededor de la tierra, era incuestionable que el tiempo era constante, que los átomos eran indivisibles, que de un agujero negro no escapa nada...
Todo es cuestionable en ciencia, absolutamente todo mientras no se demuestre de forma inequívoca que no puede ser, lo que por otra parte es prácticamente imposible.
Eu creo no método científico, creo que existen probas científicas que constrúen certezas científicas, a teoría xeocéntrica non se elaborou co método científico.
Desde que existe o método científico a ciencia non refuta as probas científicas, en todo caso amplíaas, chega máis lonxe apoiándose no traballo anterior de outros científicos, Newton non foi refutado, senón completado e ampliado pola teoría da relatividade de Einstein.
É curioso que os máis relativistas sexan o mesmo tempo os que máis forte apostan pola ciencia todopoderosa, que solvente todos os problemas por arte de maxia.
Eu non creo na ciencia absoluta, non todo se pode explicar cientificamente, non todo é susceptible de ser unha certeza científica, pero iso non debe significar que todo sexa relativo, todo sexa subxectivo, non todo vale.
Para min negar que unha maior cantidade de gases de efecto invernadoiro na atmosfera contribúe o quentamento global é mentir, e se ademais te apoias no relativismo para xustificar esa mentira directamente estás ríndote do persoal, pero é que eu sonche moi intolerante.