Galahad escribió: ↑Sábado 19 de Octubre de 2024, 12:26
roped escribió: ↑Sábado 19 de Octubre de 2024, 9:43
GZ segue sendo, por pouco tempo, a nación sen Estado "española" que máis emprega o idioma propio, pese o que crean algúns filólogos afeccionados do foro.
Na presentación da enquisa do IGE o titular era que 7 de cada 10 persoas se comunican en galego. 7 de cada 10. Podedes buscalo.
Eu que non son filólogo nin afecionado nin dos outros, coido que ti tampouco, pregúntome cómo e iso posible se no ámbito urbano en ningunha das cidades hai uso maioritario do galego (só galego + máis galego que castelán) e é máis en Vigo e Coruña, onde se aglutina a poboación maioritariamente, hai un uso maioritario do castelán en orde do 85%.
https://www.ige.gal/igebdt/esq.jsp?paxi ... 3[all]&C=T[2:0];0[all]&F=1:0&S=
As enquisas dan os resultados que queiras que den se tomas a mostra ó teu gusto. Isto é así e é válido para todos os eidos: eleccións, preferencias, etc... Sabémolo todos, é un feito incuestionable como ti dis...
O dato é certo, outra cousa é que a xunta o intrerprete como un triunfo, cando non o é.
Outro titular certo é que o 30% da poboación galega xamais usa o idioma galego.
Ese 70% é a suma dos que falan sempre galego, 24%, dos que falan máis galego que castelán 22%, e dos que falan máis castelán que galego, 24%.
Iso é perfectamente posible, partes dun dato erroneo, a Coruña e Vigo, non aglutinan a maioría da poboación de GZ, entre os dous concellos suman 550000 habitantes, o 20% da poboación galega.
A suma das áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña, mesmo contando respectivamente con Pontevedra e Ferrol, non chegan o 50% da poboación galega.
Polo tanto os galegos non son maioriatraiamente coruñeses e vigueses, iso é mentira. Seguramente o erro veña dado pola excesiva confianza que tes nos teus ollos e orellas, ver tantos edificios e escoitar tanto ruído leva o engano o máis pintado, case é mellor idea consultar os censos para saber canta xente hai en cada sitio.
O incuestionable é que ti tes unha percepción erronea do uso do galego baseada na túa experiencia, e desbotas os datos que a rebaten, alegando que as enquisas están falseadas, quen as falsea?, a xunta?, os datos non che parece malos dabondo?, cres que son aínda peores?.
Pero o tema, en GZ a xente que usa máis o galego que o castelán e o 46% da poboación, e non fai tanto eramos maioría, mentres que en Cat non chega o 40% da poboacion que usan máis o catalán que o castelán. Fin.