Tristan escribió: ↑Jueves 15 de Diciembre de 2022, 21:39
Bueno, yo rebatía a quién dijo que el capitalismo genera hambre, no soy quién en este caso para concluir nada, inteligente o no.
La URSS tiene el Holodomor, Cuba el "Período Especial", en China lo llamaron "Gran Salto Adelante" y en Corea del Norte fue "La Ardua Marcha". Todos los principales regímenes comunistas del panorama han otorgado períodos de grandes hambrunas a su población. No se si tú, que se te ve muy inteligente e instruido, puedes comentarme qué hambrunas de esas características han ocurrido en los principales países capitalistas o socialdemócratas. Jamás leí sobre hambrunas estadounidenses, francesas o suizas.
La verdad es que con millones de muertos en la mesa, verdaderamente me llama la atención el blanqueamiento que hacéis sin sonrojaros sobre determinados personajes y cómo sacáis las uñas cuando se habla con claridad sobre una ideología que os debería avergonzar apoyar.
De la gráfica de la FAO se vislumbra una muy buena tendencia. Antes era mala, ahora es buena según leo gracias a China. Bueno, nos vamos acercando.
Hay que destacar que China sale de la edad media cuando deciden abrir su economía. Es en ese momento y no antes cuando empiezan a sacar a gente de la miseria. Sí, el gran éxito chino es comenzar a ir en la dirección opuesta.
Eu non dixen que o capitalismo xerara fame, dixen que o capitalismo, tras varios séculos reinando practicamente sen competencia no mundo, non foi quen de rematar ca lacra da fame, seica non tiveron suficiente tempo...
Pero xa que o mencionas, é certo, o capitalismo causa fame, e máis que vai causar, e faino porque é un sistema pouco eficiente, que produce moitos bens e servizos pero que tamén consume moitos recursos , o mesmo tempo que xera moitos refugallos, e é moi ineficaz no resparto racional dos excedentes, é un sistema vello e insostible, e por desgraza xa rebasamos o punto no que seguir con el pon en cuestión a supervivencia de gran parte da humanidade.
O capitalismo durante o século XVIII e XIX foi quen de mellorar a vida de moitos occidentais, pero outros moitos quedaron excluídos, creou moita riqueza pero unha ampla franxa da poboación non se beneficiou dela, en Europa houbo fame en ese periódo, fame que grazas a preminencia técnica e militar foi externalizada, o capitalismo creou millóns de emigrantes europeos que se espallaron por tódolos continentes, producindo fame e xenocidios nos novos territorios colonizados.
Pero a fame non rematou en occidente ca chegada 3º revolución industrial, nos anos 30 do século XX en USA houbo moita necesidade e ata fame, invítote a que poñas Dust Bowl no google.
O longo do século XX houbo unha chea de conflitos armados, empezando pola IGM que provocaron sucesivas vagas de fame no mundo, conflitos que wn moitos casos foron xerados polas tensións propias do imperialismo, derradeira fase evolutiva do capitalismo.
A día de hoxe a fame está aumentando moito no mundo, e non é por culpa do covid, é por culpa de falta de recursos enerxéticos e da guerra que hai en Ucraínba por contolalos, unha lóxica tan estúpida como capitalista, a fame do presente é responsabilidade vosa, dos que defendedes o capitalismo como único modelo viable, non de Mao, de Stalin ou de Fidel.
Eu dixen que China é quen máis fixo por reducir a fame nos derradeiros 30 anos, coincidindo precisamente con un momento onde o capitalismo occidental, para manter o control na zona onde máis enerxía se concentra, matou de fame a unha chea de xente en Irak, mediante un bloqueo xenocida, se miramos as tendencia dos derradeiros 30 anos, o comunismo chinés elimina a fame, mentres que o capitalismo producea, isto é un feito irrebatible.
Ti dis que China acadou rematar ca súa fame grazas o aperturismo, pero que China se convirta na maior potencia comercial e na fábrica do mundo non significa que non sexa comunista, a terra, o mar, o aire, as materias primas, a banca, a gran industria pesada e tecnolóxica pertence o Estado, o discurso de que China se pasou o capitalismo foi repetido mil e unha veces por occidente ca esperanza de que fose certo, pero logo de varias décadas facendo o parvo estanse dando conta que China vai a súa, e que non son quen de controlala.
O PCCh está empregando o mercado, o libre comercio, para machacar a occidente e converterse na primeira potencia económica do planeta, cousa que está moi próxima de facerse realidade, agora cando os occidentais despertaron do seu soño de domar o dragón chinés, resulta que China volve ser o MAL, a última quedada en Madrí da OTAN , brazo armado do capitalismo, me remito. Infórmote que os chineses volven ser totalitarios, mesmo comunistas, o teu discurso sobre China está un pouco obsoleto, xa te irás poñendo o día cando os think tanks liberais che bombardeen ca nova doutriña.
Pero todo isto é o pasado , hai que pensar no presente e no futuro, a día de hoxe hai unha guerra entre capitalistas que está agudizando un colapso sistémico que algúns xa empezamos a notar fai 15 anos, provocando entre outros moitos problemas, un aumento do 50% da fame no mundo en cuestión de meses, cal é a vosa receita para evitar isto queridos capitalistas ?, tendes algún plan, ou con dicir que o comunismo provocou moita fame xa é suficiente?, e xa postos pódesme explicar como no cerne do Imperio a metade dos nenos non comen o que deberían?.
https://publications.aap.org/pediatrics ... text#sec-5