Reogalego13 escribió: ↑Jueves 29 de Mayo de 2025, 14:21
No fío de series, @roped fala e defende a morte ao Eternauta e fala de que lle mola mil o cómic. Quería aproveitar para que recomendedes comics que merecen a pena ler e de paso quería ver cales son as vosas opinións acerca dos mellores comics da historia. Supoño que para os mais analiticos dos medios o galardón do mellor comic da historia estará entre Watchmen e Maus por aquelo de que o primeiro é o unico comic na lista de 100 mellores novelas do século XX según o New York Times e o outro é o único comic da historia que gañou un Pulitzer, pero vamos, gustaríame que me recomendasedes cousas mais descoñecidas os que estades mais versados no arte do comic.
Hellboy só polo arte de Mignola é unha auténtica maravilla.
Scalped, cómic noir ambientado nunha reserva india.
The Walking Dead, moito mellor que a serie.
Calquera cousa de Brubaker e Phillips (a min gustoume bastante Kill or be Killed)
Predicador de Garth Ennis.
Essex County de Jeff Lemire.
Y, el último hombre de Vaughan.
A serie Hellblazer así en xeral (moitos autores e a maioría moi bos).
Blacksad, ten un arte impresionante. Noir con animáis antropomórficos.
Chew, moi macarra e divertida.
Bone, cómic de fantasía moi, moi bo.