Dabicito escribió: ↑Martes 28 de Octubre de 2025, 19:24
En este tema me mojo, estar embarazada no es una enfermedad. Aborto libre, pero te lo pagas de tu bolsillo.
Brillante, non se pode resumir mellor o concepto de liberalismo, liberdade ante todo, pero só para quen a poida pagar.
Ademais con esa medida asegurarías manter un fluxo constante de escravos nacidos na miseria, imprescindible para que o sistema perdure inmutable, é todo beneficio, salvo para os untermensch fillos de nais que nin tan sequera se puideron pagar o aborto.
Mais entre tanto brillo tamén advirto fraquezas no teu razoamento, concesións ao politicamente correcto, mesmo contaminacións wokes... cal é a razón que che leva de falar de enfermidade?, estas insinuando que o enfermo polo simple feito de estar enfermo merece ser curado pola comunidade?, acaso iso non é socialismo?, porque debemos cargar todos cos custes dun problema individual?, quen queira ser curado que pague un seguro privado que lle dea acceso a un hospital privado, esa é a solución máis eficiente, mal Dabicito, moi mal, Bastos estaría decepcionadísimo.