Re: Política
Publicado: Viernes 01 de Diciembre de 2023, 10:49
Realmente Bolaños dixo que o Tribunal Supremo, non o Constitucional, fai caso o recurso presentado pola Fundación Hay Derecho, que é unha entidade privada o servizo dos intereses do PP, e revoca o nomeamento de Magdalena Valerio como presidenta do Consejo de Estado.
O Tribunal Supremo de facto é unha institución privada o servizo do PP, pero pagada con diñeiro público, como todo o Poder Xudicial Español, un dos motivos de ser eu independentista é ter unha xustiza galega a marxe deste chiringuito postfascista irreformable que é o conxunto do Poder Xudicial Español.
O choque entre poderes do Estado xa é imparable, fai anos so falaba de guerra xudicial e de ausencia de Estado de dereito os de HB, logo trala cacicada do Estatuto Catalá empezaron os catalás, tanto os de dereitas como os de esquerdas, despois foi Podemos , vítima da persecución policial e xurídica, todo moi propio dunha democracia plena como a española, polo medio os indepes galegos tamén tivemos a nosa ración co circo de Resistencia Galega, cunha repercusión nula, coma sempre. Mais agora, en plena degradación político social e económico do réxime do 78 ata os timoratos sociatas son o inimigo, e tamén sofren a guerra sucia xudicial, nunha fuxida cara adiante o reduto do postfranquismo resístese a todo cambio desde o seu búnker xudicial, aínda que sexa levándose por diante a vontade da maioría da poboación, o mesmo tempo lle de as o facherio para que fagan rondas nocturas en Ferraz.
Estas declaracións fai uns meses serían impensables.
Pedro Sánchez corrobora que o 'lawfare' existe no Estado español, coa 'Kitchen' como exemplo
https://www.nosdiario.gal/articulo/inte ... 83795.html
O ataque da dereita española está sendo con todo, no plano político o Pp estase rearmando con Tellado, R. Hernando , Cayetana Álvarez de Toledo, para converterse en un VOX azul e acabar papándose o VOX orixinal, no plano xudicial, todos os xuíces, ou a inmensa maioría de eles, está contra o governo, mellor dito está contra a vontade popular expresada no Parlamento, e están dispostos a prevaricar para evitar que a vontade do pobo cambie o seu Estado de Dereito o máis mínimo, e logo temos o gran capital cas enerxéticas dicindo que non lle gusta pagar impostos, que se van pirar deste inferno fiscal comandado por roxos, so faltan os militares e os curas para que sexa un 36 como deus manda.
Eu creo que a dereita está sobreactuando, están medindo mal os tempos, e van chegar desfondados cando se xogue a partida de verdade, que será cando a economía deixe de tirar e suba o paro. Eles saberán... a min está tensión paréceme perfecta, é o mellor xeito de mobilizar o electorado de esquerdas galego, Rueda debe estar contento co seu antigo xefe.