Dabicito escribió: ↑Martes 31 de Octubre de 2023, 14:26
A donde voy es que la cultura islámica hace que algunos barrios festejen asesinatos que ocurren a miles de km. en conflictos con los que no tienen nada que ver, o a que algunos radicalizados los protagonicen ellos mismos, en Madrid, Barcelona o París, por ejemplo.
Non hai unha cultura islámica, como non hai unha cultura cristiá, hai diversas culturas que teñen unha relixión en común, pero que viven esa relixión de xeito diverso, un tipo do OPUS pouco ten que ver co cristianismo da miña avoa, e a súa vez ningún deles ten nada que ver cun predicador baptista de Illinois, pois o mesmo sucede cunha relixión que ten 1800 millóns de fieis espallados polo mundo, dous deses millóns no Estado Español por certo.
As sociedades islámicas durante séculos eran moito máis tolerantes e progresistas que a cristiá, o determinante para a radicalización dunha sociedade non é se lle rezan a Deus ou Alá, o que converte a xente en integristas e fanáticos é un contexto económico desfavorable que é aproveitado por outra civilización para acadar a súa hexemonía en base o abuso, o espolio, cando non a limpeza étnica.
Os cristiás, e os de calquera outro gran colectivo humano, sexa ou non relixioso, non son mellores , nin peores, que os musulmáns, o que muda é o contexto, os cristiáns no caso de estar sometidos a outra civilización hexemónica atuarían de xeito semellante, de feito xa o fixeron, durante séculos os cristiás eran uns patáns violentos tentando competir a base de hostias e integrismo relixioso, contra un mundo musulmán moito máis próspero, progresista e avanzado socialmente.
Os occidentais o que nos fai mellores, superiores se queres, a todas as demais civilizacións , é que fomos os principais responsables da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, pero toda esa grandeza queda en nada cando de xeito hipócrita nos negamos a aplicar con nos mesmos esa lei, e so a citamos para condenar os demais, esa arbitrariedade é o que cabrea a moitos millóns de seres humanos deste planeta, a marxe da súa fe.