Home, eu penso que a UE está interpretando con solvencia o seu papel, pero China tamén. Pódese dicir moitas cousas de China, algunhas non moi boas, pero que é curtopracista é impulsiva non é unha delas, son xente que traballa a 40 anos vista, e levan sen meterse nun conflito bélico 45 anos...
Non debemos esquecer que China é quen se come os maiores aranceis, e que nesta crise sempre respondeu proporcionalmente a un ataque previo, un deses contraataques é o que fixo que a Trump lle tremesen as canillas e se vise na obriga de mudar de estratexia, a vendas de bonos do tesouro americano freou, momentaneamente, a guerra.
https://es.investing.com/news/economy-n ... uu-3092835
O furado nas contas que vai ter o Imperio Ianqui con este escenario poder ser épico, ou nos cobran un " diezmo" os europeos de xeito rápido, ou van ter que subir impostos, ou quizais opten por gastar toda a pasta amasada tras cobrar os aranceis, algo que non creo que lles chegue, nin sexa do gusto do governo Trump, xa que teño entendido que o diñerio das aduanas non é fiscalizado polo Congreso, Trump pode facer con el o que lle pete.
Desgraciadamente creo que este parón é un pequeno descanso para coller folgos antes de seguir cas hostias, desta volta centradas en China, ir contra o mundo enteiro é un suicidio para USA.
A UE non debería tomar partido en esta guerra, que se maten entre eles, nos deberíamos centrarnos en solucionar o problemiña de Ucraína e na nosa relación con Rusia.