Monjacorrecaminos escribió: ↑Viernes 21 de Febrero de 2025, 0:12
Pero una cosa es la influencia de EEUU en la OTAN, y otra es que sin venir a cuento, EEUU le da la espalda a toda la OTAN y UE para juntarse con Putin en una guerra donde militarmente hasta participan norcoreanos, para empezar a pregonar a renglón seguido todos los mantras que se inventó Putin. No tiene sentido ninguno.
Si ahora Rusia, o Iran, o cualquier país anti-occidental, atacase un país de la Otan en Europa, por ejemplo España, EEUU de qué bando se pondría? Negociaría con el invasor para repartirse las comunidades autónomas y luego echarnos la culpa de no haber cedido territorio desde el principio?
E que iso non é o que aconteceu.
USA fai unha década deseñou un plan para derrocar a Putin, ou polo menos gañar influencia en Rusia, e fíxoo ca vista posta en China, USA pretende evitar por tódolos medios que Rusia e China sexan socios, vaille a hexemonía mundial en elo.
En ese plan detallou como facelo, está publicado, Ucraína era a clave, meter na orbita occidental a Ucraína era un ataque o imperialismo ruso que Putin non podía consentir , e así pasou, os americanos deron un golpe de Estado en Kiev, a marxe da opinión de UE, como deixou claro Nuland co seu famoso que se foda Europa!!, unha tipa do Estado profundo ianqui que traballou con todas as administracións, non sei agora como lle irá con Trump, espero que lle afecten os recortes. Rusia entrou ao trapo, tanto que penso que sorprendeu os propios occidentais polo desproporcionada e salvaxe da súa reacción.
Tras 3 anos de guerra os americanos ca nova administración recoñecen que Rusia non vai ser vencida, e que lonxe de afastar o bo entendemento de rusos e chineses o que está facendo esta guerra é reforzar esa relación, USA palma pasta a esgalla e iso non lle gusta, de feito Trump xa fixo a factura os ucris, está farto de non sacar un chavo desta merda. Os ucris , como o resto dos actores deste culebrón, a Trump impórtanlle un carallo, non queda máis remedio que recoñecer a cagada, a operación de desestabilización de Rusia, de convertela nunha colonia cun governo prooccidental saíu tremendamente mal, occidente perdeu, era moi evidente que ía perder, por iso eu sempre defendín que estaban xogando mal as súas cartas, ante esta desfeita Trump mandou parar.
USA non cambio o obxectivo do seu plan, segue tendo o mesmo, cambiou de socios para acadalo, entende que Rusia é demasiado forte e prefire negociar a seguir palmando pasta, prefire asociarse con Rusia e frear a súa entente con China , e cos BRICS, a seguir nunha guerra interminable, prefire unha paz onde repartirse Ucraína cos Rusos, mellor iso que nada, desde logo é unha estratexia bastante máis intelixente que a dos demócratas que seguen pensando que USA é invencible.
USA non pode darlle as costas a OTAN porque a OTAN é USA.
Os europeos non pintamos nada en ningún momento, nin cando queríamos frear a guerra, nin agora cando queremos continuar con ela, non somos soberanos, somos colonias o servizo de USA, e Trump actúa en consecuencia, o problema é que a inmensa maioría dos europeos, non tanto en España onde sempre houbo un san antiamericanismo, non eran conscientes disto, os coitados crían que USA nos trataba de igual a igual, USA era o primeiro pero entre pares, que había respecto , lealdade e todas esas merdas... os máis espelidos estanse dando conta da nosa verdadeira condición, agora toca decidir se baixar as orellas unha vez máis, pero batendo record de humillación, asumindo totalmente o noso vasalaxe, ou facernos indepes.
